Atrevédevos coas ciencias

imagenBenvidas  e benvidos ao blogue de aula do IES Praia Barraña, e a esta materia, as Ciencias para o Mundo Contemporáneo, na que sodes capaces de empezar unha clase recoñecendo que non tedes nin idea de quen foi Kepler e acabala, preguntando se tódolos planetas teñen a mesma velocidade media.

Como dicían os ilustrados: “Sapere aude”, atrévete a saber. Atrevédevos, tende a osadía de facervos preguntas e de procurarlles resposta. Buscade o coñecemento, a pesar da crise que nos paraliza e nos fai mirar ao futuro con pesimismo. Moita sorte neste curso que acabamos de estrear.

E, por certo, os distintos planetas teñen distintas velocidades medias.  Que vos parece?

 

Un corte moi preciso

 imagenA enxeñaría xenética é unha ciencia ou tecnoloxía que cada vez ten máis importancia na nosa sociedade. Ten como obxectivo transferir ADN dun organismo a  outro para así proporcionarlle algunha característica de interese. Por exemplo, transferirlle a unha bacteria o xene da insulina humana, para obter esta hormona en grandes cantidades. Nun futuro, esta tecnoloxía poderase utilizar para reparar  mutacións deletéreas ou outras enfermidades que van no ADN de xeración en xeración.

Nace en 1973 cando Stanley Cohen e Herbert Boyer (perdoade os enlaces en inglés) crean o primeiro organismo recombinando partes do seu ADN.

Nada disto tería sido posible sen a axuda de Daniel Nathans, Werner Arber e Hamilton Smith. Todos eles descubriron as enzimas de restricción, que son unhas enzimas empregadas para cortar o ADN nun punto elixido, chamado diana de restricción. Estas dianas conteñen de 4 a 12 pares de bases para ser diferenciadadas. As enzimas de restricción cortan o enlace fosfodiéster de cada tira de ADN. Dando lugar a dous extremos na febra de ADN. Os extremos poden ser romos, cando os enlaces rotos coinciden, ou escalonados, cando deixan bordes pegañentos. Hai moitas enzimas que realizan o corte da mesma maneira e na mesma secuencia, pero son diferentes, son os chamados isoesquizómeros.

Proximamente poderemos conseguir dúas veces máis producción con tan só modificar xenéticamente calquera planta ou animal. Por exemplo poderemos modificar unha galiña para que os seus ovos sexan de dúas xemas.

Inicialmente estes avances so serán accesibles para xente cunha economía elevada, asi a xente que non teña unha economía boa non poderá adquirir estas vantaxes e sentirase desprazado e discriminado.

A enxeñaría xenética está cambiando a nosa vida.

Samuel Resúa 1ºA

 

 

 

“O que se considera cegueira do destino é en realidade miopía propia”(William Faulkner)

[Miopía+en+los+bebes.jpg]

A miopía é un dos padecementos refractivos máis común, de feito podemos situalo como o erro refractivo máis común entre a poboación dunha sociedade  na que a estatística dos que a padecen ronda os 4 de cada 10. Este defecto óptico soése manifestar cunha visión borrosa do que atopamos lonxe de nós e pola contra atopámonos cunha visión medianamente aceptable dependendo por suposto do grao de miopía que se obteña de todo o que esta cerca e ao noso carón.

Se nos atemos ás súas orixes é necesario destacar que son de atribución xenética posto que non se trata de ningún tipo de enfermidade malia que algúns tipos de miopía presentan alteracións na retina polo que podemos clasificalas como patolóxicas.

Existen diversas solucións para compensar ou corrixir a miopía, como ben é sabido precísase consultar a un profesional da visión como un oftalmólogo ou optometrista, xa que estes profesionais son os responsábeis de coidar a saúde dos ollos e ante todo mellorar todo o posible a nosa visión.

Una das alternativas para compensar a miopía e maioritariamente a primeira selección, son as lentes ou tamén coñecidos como anteollos. E por isto polo que tras ser diagnosticado dito padecemento o máis aconsellable é adaptar as lentes o máis de contado para corrixir dita miopía.

A segunda alternativa é o magnífico emprego que supón unhas lentes de contacto que xunto co uso combinado dos anteolloshttp://2.bp.blogspot.com/_Lcd2kGqTuUI/TS4RfJ4ZIcI/AAAAAAAACOM/n5_s8SHMs_8/s1600/lentescontacto.jpg sóelle proporcionar ao paciente unha mellor comodidade necesaria durante un longo período de tempo. En cambio a adaptación das lentes de contacto nos nenos con miopía media ou baixa non resulta ser moi aconsellable debido a que poden ser maiores os problemas oculares que atopemos debido ao seu mal uso que os beneficios obtidos realmente.

A última opción revolucionaria ata o día de hoxe trátase da Cirurxía Refractiva ou operación de miopía na que cada vez aumenta o número de pacientes para eliminar por completo a súa miopía. Este método consiste basicamente en talar na Córnea un lente da potencia necesaria para compensar o error refractivo causado por dita miopía. Unha vez rematado o proceso de talar o lente mediante o Láser, a imaxe vólvese formar sobre a Retina permitíndolle lle así ao paciente ver con asombrosa nitidez.

Aquí vos deixo un vídeo no que podemos observar perfectamente como sería dita Cirurxía con Láser:


De momento é posible a corrección de dita patoloxía, pero a súa regresión aínda non se chegou a producir. Os estudos realizados en animais deron resultados completamente satisfactorios para curala, pero aínda non se chegou a dar o completo salto aventureiro sobre os humanos. O Profesor Schaeffel explicou non hai moito que se están ensaiando e deseñando unhas lentes especiais capaces de frear a miopía, pero a graduación desta lente é ben distinta no centro que na

periferia co obxectivo de obrigar ao ollo a comportarse doutra maneira e impedir o avance da miopía. Por último dicir que tamén se está investigando un colirio que poida acabar definitivamente con este defecto visual.

http://blog.generaloptica.es/wp-content/uploads/2011/06/miopia.jpg

Amigos e amigas está claro que a ciencia que nunca deixará de sorprendernos, avanza a pasos axigantados.

Rebeca Olveira Sánchez . 1°B

 

Enfermidades detrás do pracer de comer.

No século XXI, a pesar dos adiantos científicos e tecnolóxicos para previr enfermidades e os avisos que dá a sanidade pública mediante os anuncios da televisión e incluso carteis nalgúns espazos publicitarios dalgunhas vilas, segue habendo numerosos casos de enfermidades alimentarias.

Son enfermidades ás que non se lle presta a atención que merece xa que  son, entrecomilladamente,  recentes. Porque, anteriormente, non había estes problemas, xa que non se posuía a cantidade excesiva de comida que temos agora a cal nos leva ao consumo  excesivo.

Estas enfermidades van dende a anorexia, bulimia, obesidade e incluso se podería incluír a vigorexia. Neste caso imos falar concretamente da obesidade.

A obesidade prodúcese cando a cantidade de graxa corporal chega a un extremo no que afecta seriamente a saúde da persoa obesa. A maneira máis  fácil de detectala , que incluso  se pode facer na casa, é mediante o índice de masa corporal (IMC), que a partires de 25 kg/m2 xa indica un sobrepeso, pero que a partires de 30 kg/m2 xa supón un grave risco para a saúde.

imagen

Esta enfermidade está producida por diferentes causas como por exemplo:

En primeiro lugar xenéticas,  hai xente que dende que nace ten predisposición a sufrir sobrepeso.

En segundo lugar a inactividade física é outro factor de risco para sufrir sobrepeso dado que as calorías que se inxiren non se eliminan e quedan almacenadas no corpo en forma de tecido adiposo.

O terceiro é o desequilibrio nutricional, que consiste na excesiva inxesta de graxas.

E finalmente as causas psicolóxicas que dependendo do estado emocional do individuo, normalmente, inxírense cantidades maiores ou menores de comida.

O sufrimento desta enfermidade alimentaria pódese dicir que sería controlable con algúns hábitos de vida como unha dieta saudable e facer algo de exercicio.

Feito por: Lois, 1º Bach “A”

 

O secuestro de Carbono

               Hoxe en día un dos principais problemas aos que nos enfrontamos os humanos como especie é o cambio climático, o cal estase intentando resolver de distintas maneiras con investigación e recompilación de información. Estas dúas ferramentas favorecen a posibilidade de encontrar solucións ao gran problema. Unha das  solucións propostas é a que vos presento aquí: “Secuestro de carbono”

     Coñécese como “secuestro de carbono” o almacenamento de dióxido de carbono na terra para impedir a súa expulsión ao aire.

     Estudos recentes indican que cada ano son vertidas ao aire 30.000 toneladas de dióxido de carbono xerado especialmente por as actividades industriais, os automóbiles, actividades domésticas e pola produción de enerxía a partir de fontes non renovables. Esta técnica aínda está en estudo pero recibiu un gran impulso gobernamental grazas ao protocolo de Kioto e á necesidade de algúns países en reducir as súas alarmantes emisións.

 

imagen

     Debido á gran investigación que se está facendo, o enterramento do carbono aparece cada vez máis como unha solución para este problema, pero conta cunha desvantaxe moi clara que é a que máis preocupa aos gobernos afectados: as limitacións críticas, como o gran custo que supón  o gran impacto ambiental que podería producir. Entre os lugares máis factibles para gardar estes gases destacan os xacementos de petróleo e as salinas subterráneas. Estas están nunha etapa de estudo e investigación, que polos resultados obtidos en breve poderase aplicar a unha gran escala. Tamén se pensa no enterramento no fondo do mar pero esta operación dispararía os custos, por iso descártase polo de agora.

Ricardo Fabeiro 1ºB

 

Existe realmente o ADN lixo?

imagen

É un feito que non coñecemos a utilidade da maior parte do xenoma humano, arredor do 98% é para nós descoñecido. Ata fai poucos anos considerábanse “xenes lixo” dado que non codifican proteínas e que eran na súa maior parte repeticións de fragmentos que si importaban. Foron durante bastante tempo tratados coma un tema intranscendente para o desenvolvemento da ciencia e considerados residuos de xenes que se foron perdendo ao longo da evolución.

imagen

Todo este problema produciuse porque os problemas éticos fixeron que as primeiras investigacións sobre o ADN se fixesen en bacterias, que teñen un xenoma moi simple, e foran utilizadas como modelo para entender aos organismos máis complexos.

Aínda que este tipo de ADN non codifique proteínas, si que dirixe o uso da outra parte do xenoma e é unha parte crucial na diferenciación das especies durante a etapa embriolóxica e no desenvolvemento do organismo. Ademais cumpre funcións tales como reparar o ADN ou axudar a combater enfermidades. Polo que cualificar a este tipo de ADN como lixo é unha mostra de ignorancia.

Raquel  Outeiral 1ºB

 

 

Catástrofes producidas polo quentamento global

 

A temperatura do noso planeta e perfecta para a vida, non é un planeta nin moi quente (como Marte), nin moi frío (como Venus) o que fai que sexa un lugar perfecto para o desenvolvemento da vida.

 O Sol proporciónalle calor á Terra e algúns dos gases que se atopan na atmosfera evitan que este calor volte de novo o espacio. Hoxe en día producese un desequilibrio destes gases polo que a atmosfera estase contaminando, isto provoca que se reteñan os gases preto da superficie do noso planeta, en consecuencia disto as temperaturas do planeta  estan aumentando considerablemente.

 

O noso planeta está rodeado por unha fina capa de gases, formada basicamente por nitróxeno e osíxeno aínda que tamén hai en minoría outros compoñentes como carbono e xofre. Nesta capa é onde se producen todos os fenómenos climatolóxicos.   As temperaturas do noso planeta son perfectas para a vida animal e vexetal, pero depende da situación xeográfica hai unhas temperaturas máis elevadas; como as zonas tropicais e os desertos, e zonas con baixas temperaturas; como os casquetes polares e pódese dicir tamen que os climas continentais, aínda que cada ser vivo está adaptado as condicións nas que vive

 

A rotación do planeta e as diferenzas de temperatura provocan movementos de aire sobre a superficie terrestre, provocando así, o vento,as chuvias e as nubes; as nubes son as que transportan as augas os ríos e lagos. A temperatura do noso planeta permite que a auga se manteña en estado líquido, se fora unha temperatura moi baixa conxelaríase a auga e se foran temperaturas moi elevadas a auga faríase vapor de auga.

 

Subida do nivel do mar e deforestación:de acordo co  editorial da revista “science” o nivel do mar subeu entre dez e doce centímetros no último século e non parece que vaia a parar. Según os investigadores a puntan a dúas causas posibles: un sería mediante o derretemento dos casquetes polares e a outra mediante a expansión térmica dos líquidos, cando os océanos se quentan aumentan o seu volume. Por outro lado está a deforestación, que pode agrabar sequía facendo que o chan perda humidade con maior rapidez. Nos últimos anos, a sistuación de sequía produciu varios incendios en bosques que relativamente eran demasiado húmidos para arder. Con todo iso, os cambios climatolóxicos non son os únicos culpables do cambio climátifco ou dos desastres naturais.

 

deforestacion1.jpg

 Exceso de CO2: Ata agora barallaranse varias teorías para explicar o desastre, a partir do impacto dun meteorito, a erupcións volcánicas, a través do cambio climático e glaciación. Segundo datos de científicos do Centro Nacional para Investigacións Atmosféricas, en Boulder (Colorado, Estados Unidos), indican que a extensión da actividade volcánica para centos de miles de anos lanzou grandes cantidades de dióxido de carbono (CO2) e dióxido de xofre na atmosfera, o quentamento gradual do planeta. Para chegar a esta conclusión foi utilizado o sistema chamado de Clima modelo comunitario, que examina os efectos combinados da temperatura atmosférica e das correntes oceánicas. Segundo el, as temperaturas nas latitudes altas aumentaron tanto que os océanos  a 3.000 metros de profundidade, que interferiron coas correntes oceánicas que conducen a auga fría, que transporta osíxeno e nutrientes para os niveis inferiores. O resultado foi que a auga acabada de osíxeno e incapaz de soster calquera vida.

Efecto invernadoiro: O efecto invernadoiro é natural e beneficioso, pero o problema ocorre cando as causas humanas é o aumento na atmosfera de gases de efecto invernadoiro, que aumenta o efecto e produce un quentamento global .

O aumento da concentración atmosférica de gases de efecto invernadoiro foi firme e constante, debido á actividade humana. Por exemplo, a principios do século pola queima de bosques para a agricultura.

A concentración de dióxido de carbono (CO2) aumentou nas últimas décadas pola queima de combustibles fósiles como fonte de enerxía para os procesos de transporte e industria.

Metano (CH4) é outro gas de efecto invernadoiro a súa concentración na atmosfera é aumentado  para o tratamento de residuos en vertedoiros, a dixestión dos ruminantes, xestión de estrume, que, xunto con fertilizantes agrícolas tamén son producidas cantidades significativas de óxido nitroso, e, en menor medida, por campos de arroz e incineradores de residuos.

O óxido nitroso (N2O) tamén se usa como propelente de aerosois, na fabricación de lámpadas incandescentes e lámpadas fluorescentes, etc.

Outros empregados do efecto invernadoiro antropoxénico son compostos, como os perfluorcarbonos (PFC) e hidrofluorcarbonos (HFC), que se usan en xeladeiras, extintores de incendios e aerosois, así como o hexafluoreto de xofre (SF6), usado como gas de illamento térmico en equipos de distribución de enerxía.

Como un exemplo digno de nota que o dióxido de carbono aumentou de 275 ppm antes da revolución industrial para 361 ppm en 1996, os niveis de metano duplicáronse nos últimos 100 anos e aumenta a cantidade de óxido de dinitróxeno por un 0,25% ao ano.

tama.gif

 

Estas son algunhas das causas das catástrofes mundiais pero existen moitas máis.

 

Tamara Lojo e Paula Fernandez.

 

uuu.jpg

furacao.jpg

 

A enerxía escura, unha nova realidade

ENERXÍA ESCURA

Un estudo realizado a máis de 200.000 galaxias, un dos maiores que se realizaron na historia, confirmou a existencia da enerxía escura. Ata agora foi considerada unha hipotética e misteriosa forza oposta á gravidade e considerada a responsable de que o Universo se expanda cada vez máis rápido. A enerxía escura foi proposta cara a finais dos anos noventa. As primeiras nocións da súa existencia baséanse no estudo de lonxanas supernovas, estrelas a punto de desaparecer que explotan e cuxa luz serve aos astrónomos para calcular a súa distancia da Terra. Pero agora, este novo estudo non só confirma a existencia da enerxía escura, que conforma o 74% do Universo, senón tamén o feito de que é a responsable de que as galaxias se vaian afastando unhas de outras a pesar da súa forte atracción gravitatoria.

Para entendelo mellor, podemos explicar a acción da enerxía escura como se lanzáramos unha pelota ao aire e esta comezara a acelerar no aire, cada vez maís de présa. Para empezar,  é unha realidade  que cando miramos para o ceo, miramos tamén cara o pasado. E isto é así porque a luz que nos chega das estrelas e galaxias máis remotas non corresponde a como son no instante no que as vemos, senon como eran cando a luz que vemos saíu delas. Desta forma, observando supernovas a distancias moi diferentes pódese calcular (e de feito calculouse) a rapidez coa que esas supernovas se afastan de nós.A investigación levou 5 anos de traballo pero logrou determinar que a enerxía escura é unha forza constante que afecta de maneira uniforme a todo o Universo axudándolle a expandirse de forma acelerada. Os datos foron recollidos polo telescopio espacial GALEX (Galaxi Evolution Explorer) da NASA.O experimento consistiu na elaboración din mapa tridimensional coas máis de 200.000 galaxias, a maior parte delas agrupadas en parellas, observadas polo telescopio GALEX, un instrumento capaz de identificar, polo seu brillo, as galaxias máis novas, as máis adecuadas para esta clase de estudos. O telescopio foi obtendo información detallada sobre a luz desas galaxias e construíndo  un patrón cas distancias entre elas. Sábese que como media, a separación entre os dous membros desas parellas galácticas é duns 500 millóns de anos luz.Dende finais dos noventa, a expansión acelerada do Universo é un dos descubrimentos mais desconcertantes realizados polos astrónomos. Agora, gracias a esta investigación, sabemos que a enerxía escura non é unha simple forma de referirse a algo que non podemos explicar senon que existe realmente e é a responsable de cousas que podemos observar.

 

O primeiro planeta rico en carbono fóra do Sistema Solar.

Encontran o primeiro planeta rico en carbono fora do Sistema Solar.Este planeta encóntrase a 1200 anos-luz de distancia da Terra.Trátase dun planeta xigante gasoso polo que no é posible que poida albergar vida nel.Sen embargo,o seu descubrimento, publicouse na revista ‘Nature’ e ofrece aos científicos a posibilidade de explorar planetas exóticos e totalmente novos.

O planeta denominárono WASP-12b e pertence a clase de planetas coñecidos como “Xúpiter caliente” e foi descuberto no 2009. As súas temperaturas son extremadamente altas debido a que orbitan moi cerca da súa estrela anfitriona. Segundo os estudos e investigaciós de Nikku Madhusudhan di que se trata dun planeta rochoso.

Segundo sostén un estudo, a atmosfera rica en carbono deste planeta respalda a teoría de que outro tipo de exoplanetas, os rochosos, podan estar compostas de rochas puras de carbono como o grafito e o diamante. Creen que fai uns millóns de anos formáronse outros planetas rochosos do tamaño da Terra arredor da mesma estrela anfitriona.Estes planetas non os poden estudar pero se puideran creen que poderían ter unha atmosfera e unha superficie rica en carbono.

Nestes planetas non se podería vivir porque é un planeta hostil e habería que sobrevivir con moi pouca auga,osíxeno,metano e outros hidrocarburos. De feito o metano é menos tóxico que o arsénico co que pode vivir a bacteria descuberta pola NASA nos lagos de California.

 

 

imagen

 

Julia Otero Vieites e David Laíño Blanco 1ºB

 

Él pode manexar a auga

imagen

Cando digo “él” falo do método de desinfección solar da auga, polas súas siglas: SODIS
Se , como moitas persoas , pensabas que non era posible, informoche  que a auga xa pode ser desinfectada e así se fai posible con este procedemento. O cal, axuda á prevención da diarrea, unha das causas máis comúns de morte nos países en desenvolvemento.

Este sistema xa é o pan de cada día para rapaces , rapazas , meniños, adultos e avós e é ideal para o tratamento de auga potable .Todo o que necesitan é luz e botellas de PET (Tereftalato de polietileno ).

Pero, sabes como funciona?

Simplente enchen as botellas  ca auga que poden conseguir e estas figuran baixo o sol durante 6 horas .

imagen

Os raios UV-A da luz solar mata os xérmenes, coma virus, bacterias e parásitos, funcionando tamén cando a temperatura do aire e da auga son baixos.

A auga para SODIS non pode ser turbia, debe ser cristalina para que os rayos do sol  chegen a toda a auga. De non ser así, hay que deixala reposar. Pódense utilizar botellas de ata cinco litros, sen etiquetas nin rasgaduras.

Organizacións como a Organización Mundial da Saúde, UNICEF e Cruz Vermella xa recomendan este método para tratar auga non potable en nos países con menos desenvolvemento. Así como esperan axudar, tamén pretenden concenciar á poboación, porque non todo é tan sencillo como o pintan.