Desafío á teoría da relatividade.

imagen

Móvense sesenta nanosegundos máis rápido que a luz, nunha distancia de 730 kilómetros entre Xinebra e Gran Sasso (Italia). Son os chamados neutrinos, partículas as cales, experimentalmente, lograron superar a velocidade da luz, descubertas por un equipo internacional

de c

ientíficos.

Os expertos buscan atopar un error que d

esminta a posibilidade de atopar unha partícula máis rápida que a luz, ou realizar as investigacións necesarias para confirmar definitivamente a existencia dos neutrinos.

O descubrimento da rapidez dos neutrinos, ponlle un interrogante á teoría da relatividade de Albert Einstein, enunciada en 1905. Dita teoría afirmaba que nada pode viaxar máis rápido que a luz, información que, dadas as circunstancias e últimas novas, semella equivocada.

Se resulta que a capacidade dos neutrinos de superar a velocidade da luz existise de verdade, estaríamos ante un importantísimo descubrimento, en resumidas contas, o que creíamos ata agora como o máis veloz, sería realmente superado.

Sara Piñeiro e Desirée Fernández. 1º Bac A

 

Novo paso cara aos ordenadores cuánticos

Unha investigación liderada polo CSIC conseguiu deseñar unha molécula magnética capaz de funcionar como unha porta lóxica a través dunha reacción química.

imagen

  Este descubrimento permitirá fabricar unha das pezas fundamentais dos ordenadores  cuánticos. Ademais investigadores afirman que é unha forma máis barata , intelixente  e eficiente que as xa existentes. Isto é sobre todo porque as creadas anteriormente requiren técnicas moi complexas en condicións específicas .

  Estes ordenadores requiren os mesmos compoñentes básicos ca os tradicionais, coa diferenza de que as pezas do odenador cuántico deben ser capaces de presentar os dous estados do código binario á vez. O empeño en construilos ven porque nos traerán moitas posibilidades , como maior rápidez ao resolver problemas que un ordenador normal tarda moito ou mesmo que non é capaz de resolver.

imagen

Os ordenadores cuánticos non funcionarán con microcircuitos senón con cámaras de átomos. Neste video podése observar unha pequena descripción desta nova tecnoloxía:

 

 

Scrat na era dos dinosauros

Descubrementos curiosos de seres con grandes similitudes aos actuais aparecen cada día, así como tamén  o fan animais que pensabamos que tan só existián na ficción como o caso de Scrat. Esta noticia causou especial interés debido a que os riscos deste animal son prácticamente idénticos aos que se observan na película Ice Age nun animal que a todos nos parecía unha especie de esquío ata hoxe.

imagen

   Na antiga Patagonia , actual territorio de Arxentina encontráronse no 2006 dous cránios dun pequeno mamífero(Cronopio dentiacutus) que conviveu fai 96 millóns de anos cos dinosaurios. É unha especie emparentada cos actuais marsupiais e animais con placenta, e pertence a un grupo de mamíferos xa extintos denominado drioléstidos (PDF con datos sobre os mamíferos prehistóricos). Non se sabe ben de que se alimentaban pero pénsase que probablemente comía insectos debido aos seus dentes agudos dos que se axudaba para a masticación  e perforación de caparazóns.

imagen

   O seu aspeto debería recordar ao dun esquío con colmillos afiados. Apenas chegaba aos 2,6 cm de largo, é dicir tiña un tamaño moi reducido como todos os animais que viviron naquela época (a excepción dos dinosauros). As cousas que mais sorprenderon do descubrimento foi o tamaño dos colmillos xa que é moi inusual en mamíferos dese tamaño; e o alargado que era o seu fuciño.

Atopar cránios e mandíbulas enteiras é un descubrimento raro xa que normalmente adoítanse encontrar tan só dentes ou fragmentos de ósos. O descubrimento destos fragmentos de cráneo e mandíbula enche un hoco de 60 millóns de anos , aportando así novas claves sobre a evolución destos animais e ofrecéndonos información sobre a bioloxía do animal , permíndonos determinar que estamos ante os primeiros restos deste animal en Sudamérica.

Neste video móstrase a noticia que se transmitiu en Arxentina:

 Lorena Dieste 1º A

 

O satélite UARS chegou a Terra

Despois de 20 anos e 10 días permanecendo en órbita, o sátelite UARS chegou a Terra. O  artefacto de 6,5 toneladas, que se encontraba fora de servicio, reingresou na atmosfera sobre o océano Pacífico convertido en basura espacial. Isto tivo lugar o pasado 24 de setembro.

Na súa caída, o satélite rompeuse e pensase que os escombros caeron no océano, lonxe da costa oeste de Estados Unidos.

imagen

Calcúlase que dito satélite levaba perdendo altura dende 2005 e que entrou na atmosfera xa sen control. Según a ESA, o 90 por cento do satélite de seis toneladas desintegrouse ao entrar na atmosfera. Despois do incendio só quedaron algo máis de 500 kilogramos do satélite, repartidos entre 20 ou 25 partes.

 

imagen

Chegou á Terra sin ter que lamentar ningún incidente.



Feito por Paula Pérez e Sandra Trasbach.

 

Lorca fúndese !

Estudos recentes demostran que Lorca perde altura. Dende 1995 fundeuse máis de 1′5 m. Este fenómeno non é tan estraño, todo o contrario ocorre en moitos lugares e é debido a sobreexplotación dos acuíferos, que enchen o terreo, e fai que ao vaciar esa auga a superficie se funda.

imagen

 No caso de Lorca as tasas de fundimento máis recentes indican  que pode chegar a perder 15 cm por ano, as maiores de toda Europa. Esto non afecta só a Lorca, a extensión é duns 690 km cadrados, onde están incluídas as localidades de Porto Lumbreras, Totana e Alhama de Murcia.

imagen

Esto é o que está acontecendo en Lorca,  a sobreexplotacion dos acuíferos fan que se funda o terreo.

Feito por : Paula Pérez e Sandra Trasbach .  1ºA

 

A lúa e Marte no espectáculo estelar da choiva de Oriónidas

Hai unhas semanas a Lúa e Marte estiveron presentes na bóveda celeste durante a choiva anual de meteoritos Oriónidas, que este ano se esperaba para o sábado 22 de outubro , según informou a NASA.

Os meteorólogos esperaban que máis de 15 meteoritos por hora, desprendidos do cometa Halley, atravesaran a atmósfera terrestre o sábado o amencer cando a choiva alcanzara  o seu máximo apoxeo.

 

imagen

Os expertos indicaron que este ano as Oriónidas estarían enmarcadas por algunhas das constelacións máis brillantes procedentes de Orión e pasarían por Tauro, Géminis, Leo e a Osa Mayor, formando os vértices dun triángulo celeste que cerraría Regulus, a estrela máis brillante da constelación Leo no momento máis activo da choiva.

Un equipo de científicos vixilou os meteoritos que atravesaron a Terra e tamén os que impactaron na Lúa , xa que ao non ter atmósfera, recibe aos meteoritos directamente, e estalan na superficie lunar provocando o quencemento térmico das rochas lunares e un brillo que é posible ver desde a Terra .

Observar cómo golpean estos meteoritos o satélite é unha boa maneira de aprender acerca da estrutura dos fluxos de escombros do cometa e a  enerxía das súas partículas.

imagen

 Video da choiva de meteoros Oriónidas no ano 2009 .


 

Carme Estévez Filgueira 1ºA

 

Separación entre dúas persoas, 4.74 graos.

  Engadido un novo capítulo á investigación que cimentou a frase “seis graos de separación” na nosa linguaxe, científicos de Facebook e a universidade de Milán reportaron recentemente que o número medio de persoas coñecidas separando dúas persoas calquera no mundo non era seis, senón que 4.74!

Esta investigación, baseada no estudo de Stanley Millgram. Este no seu momento utilizou como base a 296 voluntarios. Nesta ocasión temos un número de participamentes lixeiramente maior, 721… MILLÓNS! Este é o número de usuarios que ten a rede social Facebook, unha cifra un pouco maior do 10% da poboación mundial.

O experimento levou un mes. Os investigadores usaron uns algoritmos desarroiados na Universidade de Milán para calcular a distancia media entre dúas persoas. Desta forma chegaron ao número medio de 4.74.

imagen

Fonte: New York Times

Autores: Adrián Casais e Antonio Vidal

 

Foguete do futuro

 Recentemente a NASA revelou o seu novo modelo de foguete espacial, o cal levará, nun futuro, á xente no espacio. Será o foguete mais potente xamais fabricado, a diferencia do transbordador espacial, que permanecía na órbita terrestre, este mega-foguete chegará moito mais lonxe .

Inda así, este foguete chegará por primeira vez ao espacio no 2017, e a primeira misión tripulada será no 2021.

Falta aínda moito, pero é un apasionante vislumbro de futuro.

 

imagen

 

Contra a Selección Natural

Máximo Sandín rechaza rotundamente a teoría darwinista. Para este Doctor en Ciencias Biolóxicas e en Bioantropoloxía, que traballa como profesor da Evolución Humana e Ecoloxía no Departamento de Bioloxía da Universidade Autonoma de Madrid, a vida é algo máis complexo ca iso.

Califica a teoría da “Selección Natural” como unha teoría baseada na relixión e apoiada polas clases altas, pola cal os máis fortes son os máis aptos e os únicos que deben sobrevivir, xustificando a crenza de que debemos vivir constantemente en competencia.

Para Sandín, o mecanismo fundamental da evolución non é a mutación aleatoria nin a selección natural, senon a integración de virus en xenomas xa existentes.


Para que saibades de que vai a selección natural, temos aquí unha pequena presentación:

Laura Davila, 1º A

 

Fotógrafo Astrónomico 2011

 

O Real Observatorio de Greenwich (Reino Unido) , organizou, por terceiro ano consecutivo, o concurso ‘’Fotógrafo astronómico do ano’’. Aquí vos deixamos as imáxes gañadoras nesta presentación realizada por nós.

lkjhgfds.jpg

Laura Paz e Alicia Rial