Descobren o mecanismo universal do envellecemento

imagenGrazas ao desenvolvemento de chips de ADN foi posible comprobar que a proteína chamada sirtuina condiciona o proceso de envellecemento dos mamíferos.

A súa importancia radica na regulación dunha expresión xenética adecuada, é dicir, cando os xenes que deben permanecer desactivados se activan pola desregulación que indirectamente produce o deterioro do ADN, a proteína sirtuina non pode facer ben o seu traballo.

Este importante descobremento, propón un “mecanismo universal” de envellecemento, ata o punto de poder nun futuro crear medicamentos que fagan reversible a vellez.
O mecanismo universal afectaría por igual tanto aos organismos unicelulares (como os fungos) como aos multicelulares (como os mamíferos), e poderíase converter no primeiro mecanismo conservado ao largo da evolución. Experimentando con ratos e baixo a hipótese de que con máis sirtuinas a reparación do ADN se volvería máis eficiente, extendeuse a esperanza de vida dos ratos entre un 24 e un 46%. Os científicos sinalan que este descobremento abre unha vía para a creación de medicamentos que poidan estabilizar a redistribución de sirtuinas a medida que pasa o tempo.

En definitiva, o deterioro do ADN non sería en sí mesmo a causa do envellecemento, se non que poñería en marcha un proceso que provoca a ausencia de regulación da expresión xenética sendo posible invertir o proceso do envellecemento.

  Andrea Ozores, Sandra García e Alexandra López 1ºC

 

Premio Nobel de química 2011 “descubrimento dos cuasicristais”.

Neste Ano Internacional da Química que está a piques de rematar, o científico israelí Daniel Shechtman gañou o 5 de outubro en Estocolmo o Premio Nobel de Química 2011 polo descubrimento dos cuasicristales.

imagen

O descubrimento de Shechtman, en abril de 1982, desafiou o concepto previo de que nun sólido, os átomos están empaquetados en cristais con patróns simétricos que se repiten periódicamente unha e outra vez.

A comunidade científica cría que non era posible que existira un material cás características dos cuasicristais.
O consenso científico sostiña que só existían dous tipos de materiais sólidos: os cristais, coa súa estructura simétrica e moi regular, e as substancias amorfas, como o vidro. Algo como os cuasicristais non entraba en ningunha destas dúas categorías, pois si tiñan un orde, pero non periódico, non podía existir.

Shechtman traballou cunha aleación de aluminio e manganeso cando a través do microscopio electrónico se  atopou cos cuasicristais, que contradicían as leis básicas da cristalografía.
En 1984, Shechtman e colegas que creron nos seus  datos, publicaron dous artigos científicos nos que describiron as propiedades especiais dos cuasicristais:

1. A súa estrutura cristalina non é periódica, é dicir, non se pode construir mediante a repetición dunhas unidades de celdas.
2. Os cuasicristales son estruturas relativamente comúns en aleacións con metais como o cobalto, ferro e níquel.
3. Son malos condutores da electricidade.
4. Non presentan propiedades magnéticas.
5. Son máis elásticos que os metais ordinarios a altas temperaturas.
6. Son extremadamente duros e resisten ben a deformación, polo que se poden utilizar como recubrimentos protectores antiadherentes. Os cuasicristais son utilizados para fabricar agullas ou instrumentos de cirugía, xa que son moi delgados e necesitan dureza. Desde o descubrimento, outros cuasicristais foron producidos en laboratorios, pero tamén foron encontrados nun río ruso así comoimagen nunha determinada forma de aceiro.
Tratase dun descubrimento moi importante polo só feito de que sacude os fundamentos das ciencias do estado sólido, e o feito de que é oposto a o que sabiamos de antes.

 

 

 

Andrea Ozores, Sandra García e Alexandra López 1ºC

 

 

 

 

O gardián da supervivencia do ser humano

O telescopio espacial Kepler atópase dende hai dous anos, orbitando  arredor do sol buscando exoplanetas, con especial atención naqueles nos que o ser humano puidera vivir.

O telescopio Kepler atopou cousas tan curiosas como un planeta que orbita arredor de dúas estrelas  e outras tan importantes como 54 planetas que están na zona habitable das súas estrelas, só 54 dos 1.235 planetas que atopou. O telescopio polo de agora soamente explorou o 0.25%  do Universo.

Non debemos obviar que os planetas atopados por Kepler ainda que estean na zona habitable da súa estrela, faltanlle moitos requisitos para que o ser humano chegara a vivir neles.

Pero quen sabe, igual non temos que ir tan lonxe… xa que recentemente publicouse o descubrimento de auga nunha da lúas de Xúpiter, Europa.

O que supón unha esperanza bastante máis real para o ser humano, xa que a viaxe a Xúpiter sería impensable nos días de hoxe, pero é moito máis factible que calquera dos outros exoplanetas achados polo Kepler.

Poderá algún día o ser humano vivir noutro planeta?

Se a resposta e sí, seguro que o telescopio Kepler terá boa parte de culpa.

telescopio kepler

imagen

Martin Romero & Abel Sánchez

 

As células nai na sociedade

As células nai son células coa capacidade de autorrenovarse mediante divisións mitóticas polo que poden producir diversos tipos de tecidos (musculares, nerviosos…). Ou sexa que estas células teñen a capacidade de dividirse en outras sen perder as súas propiedades e poden diferenciarse en outras células diferentes.

As células nai poden atoparse no embrión, no sangue do cordón umbilical, nos texidos do home adulto e ata se conseguiu coller células normais e convertilas en células nai.

O que se quere conseguir con estas células e poder orixinar tecidos para reemplazalos por outros lesionados por enfermidades coma o alzheimer, parkinson etc. Ten a vantaxe de que si as células proceden do propio paciente non se producirá rechazo.

Un claro exemplo do avance das células nai é que hai unhas semanas en Suecia conseguiuse realizar con éxito o primeiro transplante dun órgano creado a partir de células nai. Se ben é verdade que o órgano transplantado era dos máis simples, a tráquea, este é un gran avance para o emprego de células nai nas sociedade.

Aquí vos deixamos un video de discovery channel que vos axudará a a comprender mellor as células nai:


Martin & Abel

 

Aves robóticas que voan como paxaros!

 

SmartBird é unha evolución robótica moi avanzada. Consiste nun robot que simula o voo dunha ave, ten exactamente os mismos movementos e características dunha ave real. Realmente é un clon perfecto dun paxaro. A base fundamental para que smartbird voe é que teña unha aerodinámica moi lixeira.

Esta é unha copia perfecta da gaivota arxéntea, é capaz de alzar o voo, voar e aterrar de forma autónoma. Grazas a un complexo sistema de control as súas ás non son só capaces de realizar movementos verticais senón que está diseñado para realizar ángulos específicos que permiten as diferentes operacións de voo… 

 

En busca de vida en Marte!

A NASA xa enviou camiño a Marte a un robot chamado `Curiosity´ para buscar restos de vida en dito planeta. Este robot pasara  686 días terrestres en Marte, durante os que realizará diferentes análisis físicos, químicos e meteorológicos para tratar de identificar trazas biolóxicas e interpretar procesos xeolóxicos y climáticos.

 O equipo de lanzamento da Axencia Espacial de Estados Unidos , lanzou o cohete United Launch Alliance Atlas V co robot Curiosity, definido como Laboratorio Científico Marte da NASA , que despegou de Cabo Cañaveral no sur de Florida, desde o Complexo Espacial de Lanzamento-41.

A axencia espacial elixiu un cráter en Marte para enviar o robot explorador , que é tan grande como un automóbil y está tan equipado como un laboratorio. O vehículo de exploración leva consigo un laboratorio e en agosto de 2012 descenderá sobre a superficie del planeta vermello para buscar signos de vida, anunciou a axencia espacial estadounidense.

 Os investigadores non esperan que o rover Curiosity -tamén bautizado Mars Science Laboratory (MSL)- descubra seres vivos, senón signos que demostren que nas profundidades dese sitio existiu vida microbiana e auga.

A misión do explorador durará un ano marciano, o equivalente a dous anos terrestres.

 O Curiosity, que costou 2.500 millones de dólares, está montado sobre seis ruedas, conta con 17 cámaras, un brazo robótico, un laser e un taladro. A sua primera proba será no cráter Gale.

 

http://www.google.es/imgres?q=curiosity+robot&hl=es&safe=strict&gbv=2&biw=1024&bih=677&tbm=isch&tbnid=tuZAbFtyjach

 

A carreira espacial de Google

 

imagen

Google patrocinará unha carreira interespacial na que participarán 29 equipos de 17 países distintos . A competición coñecida co nome de Google Lunar X PRIZE consistira en enviar un robot espacial a lúa que debera de recorrer e grabar como mínimo unha distancia de 500 metros.O equipo que primeiro alcance a meta recibirá un premio de 30 millóns de dolares.

Hai outros premios de 5 millóns por conseguir extras como  poden ser recorrer largas distancias (maiores a 5.000 m), capturar imaxes de obxetos feitos polo ome na lúa, detectar xeo no cráteres da lúa ou superar unha noite lunar.

 

Entre os equipos participantes atopase un formado por enxeñeiros españois: o Barcelona Moon Team.

Google comparte a idea de que moitos dos mais exitosos e revolucinarios descubrimentos foron realizados por pequenos grupos empresariales e desexanlle a maior da sorte para os participantes.

A competición, considerada a mais longa da historia, foi anunciada en  2007 e esperase que se coñece o gañador arredor de 2015.

imagen

 

A maior tormenta en dúas décadas

 A sonda Cassini captou desde o seu nacemento e sigueu a evolución dunha tormenta xigante que se extendou nunha área de 15000 km na cara norte de Saturno durante 200 días.

O 5 de decembro de 2010 detectouse unha pequena mancha brillante nas altas capas da atmosfera, que foi aumentando ata converterse nunha tempestade que recorreu todo o planeta. Trátase da tormenta máis grande detectada nas últimas dúas décadas en Saturno e a máis grande observada desde unha nave interplanetaria. A tormenta xerou relámpagos e era de tal tamaño que se podía ver cun telescopio de aficionado.

A tormenta rematou a finais de xuño pero aínda se poden ver nubes tormentosas na atmosfera actual. “A tormenta de Saturno parecíase máis a un volcán que a un sistema climático terrestre” según asegurou un membro do equipo de imaxes de Cassini.

 

 

 

 

Sara Calo, Jennifer González, Alejandra Outeiral

 

 

 

 

 

 

Un spray para visualizar o cáncer

Na Universidade de Tokio (Xapón) e nos Institutos Nacionais de Saúde dos EEUU desenrolaron un método para pintar de cor luminescente algúns tumores. Ilumina de verde as células canceríxenas que non son visibles para o ollo humano. Serve para eliminar mellor o tumor e reduce o tempo de cirurxía de horas a minutos. Polo de agora só se utilizou en animais e con mostras de persoas en laboratorios. Os científicos botáronlle o spray ó animal e nuns minutos as células canceríxenas volvéronse dunha cor verde fluorescente.

Na cirurxía trátase de extirpar o tumor, e, a pesar de que a maior parte das veces extráese unha boa peza do tecido, ás veces quedan restos do tumor difíciles de distinguir. Agora poderíase utilizar este spray, denominado alfaGlu-HMRG, que ó estar en contacto coas células fai reaccionar unha enzima chamada gamma glutamil transpeptidasa (GTT).

Con este spray pódese ver a simple vista tumores de 0,2 e 0,3 milímetros de tamaño e moito máis pequenos utilizando unha cámara que aumente a visión. Este spray pode chegar a recoñecer un 50 ou 60 por cento dos tipos de cáncer (mama, ovárico, intestinal…). Este producto aínda o están analizando para saber se é tóxico. Pero como se utiliza moi pouca cantidade, pénsase que non vai ser tóxico. E, ademáis, non vai ter un prezo moi elevado.

imagen

 

 

 

Noelia Vicente Suárez 1ºBach. A

 

De onde nos chegou a auga?

Ata agora, non se atopou con certeza a resposta ao interrogante de como chegou a auga ao planeta, ou se se formou na Terra.

Unha das teorías defende a posibilidade de que a auga chegase á Terra en meteoritos no período de creación dos planetas.  O pasado 12 de outubro, detectouse un cometa coa mesma composición que a nosa auga. Esta teoría xa estaba planteada, pero este descubrimento fixo que se estudase todavía máis a posibilidade de que isto sexa certo, polo que agora se trata da teoría máis aceptada.

 

imagen

 Básicamente, a auga dos océanos que coñecemos hoxe en día non apareceu de repente neste planeta, se non que é unha inquilina que foi transportada ata aquí a través de cometas fai  aproximadamente uns 4000 millóns de anos e que fixo posible a existencia de vida na Terra.

 

Sara Piñeiro e Desirée Ferández, 1º Bac A