Reprodución Asistida.


Traballo realizado por Carme Estévez, Paula Pérez, María Silva e Alejandra Outeiral , 1ºA .

 

Un hidroxel intelixente.

Un equipo da Escola Jacobs de Enxeñería da Universidade de California en San Diego (EE UU) desenrolou un hidroxel que se adhire en cuestión de segundos, como se fose velcro, e que podería ter numerosas aplicacións no tanto no campo da mediciña para selar feridas como na inxeñería.

Os hidroxeles son cadeas entrelazadas de polímeros que forman un material xelatinoso e flexible similar ao dos texidos brandos. O equipo, dirixido por Shyni Varghese, desenrolou un material cuxas moléculas se unen como os dedos dunha man. É a primeira vez que se consegue desenrolar algo así, un material sintético que se autorrepara.

imagen

O xel funciona mellor nun ambiente ácido semellante ao do estómago, o que o convirte no adhesivo perfecto para tratar a perforación na parede do estómago ou para a liberación controlada de fármacos nas úlceras gástricas. Téñense moitas expectativas favorables en canto a este xel, pois os investigadores esperan aplicalo tamén en suturas e na cicatrización de feridas.

O novo material, podería tamén ser útil en inxeñería, xa que a autorreparación de roturas podría axudar a reducir residuos industriais e de productos de consumo. Ademáis, a rapidez da autorreparación que demostrou o hidroxel convierteo nun prometedor candidato para sellar fugas de recipientes que leven ácidos corrosivos.

 

Feito por Alicia Rial e Laura Paz, 1ºA

 

“Cuerpo médico” novo programa da sexta.

Cuerpo médico é unha nova serie documental que se estreou o domingo 4 de marzo na canle de televisión La Sexta . Nesta serie profesionais de varias especialidades do mundo da medicina mostran o día a día do seu traballo, aparecendo operacións totalmente reais, e como este afecta a sua vida persoal.

 

 

imagen

Nos dous capítulos xa emitidos puidemos ver a un cirurxán en Guinea Bissau realizando unha cesárea a dous xemelos e tratando a unha nena con graves queimaduras, a dous MIR realizando un implante de vexiga , a un equipo do 061 atendendo un parto no portal dunha casa e a un home que tivo que trasladar de urxencia ó seu veciño ó hospital cunha grave dolencia que non podía ser tratada no ambulatorio do seu pobo.

 Vídeo da cesárea en Guinea Bissau .

Carme Estévez, Miriam Figueira, Sandra Trasbach e Paula Pérez.

 

Os neutrinos NON poden viaxar á velocidade da luz

O anuncio dos neutrinos superveloces que causara furor aí atrás e que desmontaba a Teoría da Relatividade de Albert Einstein é refutado agora polo Experimento Icarus do laboratorio italiano Gran Sasso. Neste experimento volvéronse realizar os cálculos que foron erróneos no CERN . Por outra parte os experimentos cos neutrinos non están finalizados e polo tanto aínda non hai unha resposta totalmente correcta.

«Os experimentos Boxerinos, Icarus, LVD e Opera seguirán efectuando novas medidas cos neutrinos para darnos un veredicto final», afirma o director de investigación do CERN, Sergio Bertolucci.

Fontes: http://www.abc.es/ >> http://noticiasdelaciencia.com/

 

A irmá maior das plantas e algas

algas.jpg

Un traballo internacional mostra como e cando un microorganismo foi capaz de xenerar osíxeno absorbendo a luz do Sol e facer a fotosíntese. O organismo responsable, hai 1.600 millones de anos, poderia ter suposto a orixe das algas e das plantas.

Hai 2.400 millons de anos surxiron as primeiras cianobacterias capaces de desprender osixeno na fotosíntese. A partirdese momento todos os organismos tiveron que aprender a convivir co que naquel momento era un gas velenoso o O2.

O estudo revela que se produciu un cambio nun microorganismo do reino Protista –que xunto a fungos, animais e plantas compoñen o dominio eucariótico–. Este protista capturou unha cianobacteria procariota. Deste proceso, coñecido como endosimbiose primaria, surxiu o cloroplasto, un orgánulo celular onde se realiza a fotosíntese e que hoxe se encontra nas plantas e algas.

Para obter estas conclusións, o equipo de expertos liderado dende a Universidade de Rutger (EE UU), analizou o ADN dentro dos plastidios dunha alga primitiva conocida como Cyanophora paradoxa, e compararono cos outros xenomas de plastidios pertencentes a outras plantas terrestres e a distintas algas vermellas e verdes.

Ramiro Carreño, Alfonso Rey, Abraham Rial, 1º C.

 

Pouco a pouco, destruimos o ecosistema.

Afecta o noso ruído ás plantas ou ós animais? Uns estudios indican que os animais cambian o seu comportamento como resposta ó noso ruido, como por exemplo o de máquinas ou tráfico. Algúns animais incrementan o seu número nas zonas de máis ruido, mentres que outros fan o contrario. A outros animais, como o colibrí, sérvenlle de refuxio as zonas con ruido, e as plantas que polinizan son máis fértiles nestas zonas.

Pero non só afecta á fauna, se non que tamén  afecta ás plantas xa que o ruido cambia o comportamento da fauna, o que fai que teña diversos efectos sobre a vexetación. Cando o ruido afecta ás plantas máis lonxevas, as consecuencias nótanse durante décadas, incluso despois de que o ruido desapareza.

imagen

O ruido causa tamén un efecto nas árbores, e nos seus frutos, como por exemplo no piñón comestible do pino, do que se alimentan sobre todo pequenos ratóns, que se encontran cómodos nas zonas de ruizo. Nestas zonas, os piñóns caen da árbore, polo que o ratón come todos os que atopa, quedan poucos a salvo despois de pasar o ratón, o que provoca que o número de nacemento de novas especies de pinos sexa baixo.

Nas zonas silenciosas hai menos ratóns, e máis corvos, que enterran os piñóns para consumilos despois. Quedan, polo tanto, moitos máis piñóns libres de depredación e  haberá maior número de pinos.

imagen

Sara Piñeiro e Desirée Fernández.

 

Segunda entrega do Safari Informativo, Canal ccmc.

Desta vez falando dos Hábitos de vida Saudables.


 

Bye Bye Cancer ?

A radioterapia é unha das terapias máis comúns no tratamento do cancro. Consiste na utilización de radiacións ionizantes (raios X ou radioactividade) para combatir o crecemento das células canceríxenas. Sen embargo, nalgúns casos chegan a afectar bruscamente á calidade de vida do paciente.

Hoxe en día, predecir as consecuencias da radioterapia é moi complexo, os expertos báseanse en estudos,  antecedentes, estadísticas… A penas se poden pronosticar as consecuencias deste tratamento.

imagen

Porén,  esta realidade pode estar moi preto de cambiar, xa que, un grupo de científicos españois desenrolaron un simulador que permite coñecer as consecuencias da aplicación dun tratamento de radioterapia intraoperatoria, que é un tratamento guiado quirúrxicamente que permite aumentar o nivel de precisión na irradiación de tumores xa que permite protexer texidos sanos próximos á zona  irradiada.

O simulador foi utilizado sobre 70 pacientes con resultados positivos, e permite planificar as decisións dunha intervención quirúrxica en persoas  afectadas polo cancro, e tamén os efectos que tería un tratamento basado en radioterapia. O sistema de navegación virtual reproduce en tres dimensións o comportamento dos órganos fronte a este tipo de radiacións, proporcionando unha importante información ao oncólogo e ao cirurxián.

imagen

 

En conclusion, as vantaxes que supón o poder planificar toda a estratexia antes de operar ao paciente, son sin duda un gran avance no tratamento contra o cancro, pois aínda que non o prevén, representa unha mellora na efectividade do procedemento, con mellores resultados e menos sufremento para o afectado. E con sorte, dentro dalgúns anos,  si contiuan a flote todas estas novas invecións e descubrimentos, incluso poderemos predecir o ataque do cancro en calquera organismoantes de que este se manifeste. Puras vantaxes, non sí?

Feito por Vera García Outeiral 1ºA

 

A NASA recrea a supernova máis antiga vista polo home

Mediante a combinación de datos de catro telescopios especiais, a Nasa puido recrear a primeira explosión estelar vista polo home no 185d.C.

 

 

imagen

As cores azul e verde na imaxe, mostran que o gas interestelar quentouse a millóns de graos pola onda expansiva da supernova. Sen embargo, as que se ven en amarelo e vermello, mostran o pó que irradia a unha temperatura a varios centos de graos baixo cero.

Logo do estudo dos raios X e datos infravermellos, os astrónomos determinaron que a causa daquela estraña explosión foi unha supernova do tipo Ia, que se produce despois da violenta explosión dunha enana branca, isto é, unha estrela que completa o seu ciclo da vida e morre.

Esta supernova, á que lle deron o nome de supernova RCW 86, atópase a uns 8.000 anos luz de distancia e ten uns 85 anos luz de diámetro (é lixeiramente máis grande que a lúa).


 

Laura Davila Pena, 1ºA.

 

O período Cámbrico, en directo dende Burguess Shale

Aquí vos deixamos o noso proxecto da primeira avaliación, no que falamos do período Cámbrico e o Burguess Shale. Esperamos que disfrutedes de este traballo un tanto diferente