Pequenas cirurxiás

 Eimagenn Stanford, a finais do mes de abril do 2012 uns alumnos da Universidade diseñaron unhas partiíulas que conseguiron extirpar uns tumores cerebrais a uns ratóns cunha incrible precisión. Normalmente para un cirurxián extirpar un tumor cerebral conleva danar unha parte do cerebro debido a gran precisón que require. É por isto polo que a nanotecnoloxía axudaríanos a mellorar estas intervencións. Neste estudo realizado en Stanford utilizáronse nanopartículas que non eran máis que pequenas bolas de ouro recubertas con reactivo de diagnóstico para lograr as imaxes. Cada unha destas mide menos de cinco millonésimas pulgadas de diámetro. Este experimento basase en que estas partículas viaxarían aos tumores pero non ao texido san do cerebro, durante a operación en sí a imaxe fotoacústica permitiu a precisión en tempo para a visualización dos bordes dos tumores , o que melloraría a precisión cirúrxica, en resume todo un progreso tanto no campo da nanotecnoloxía como no da medicina.

Lorena Dieste. 1º Bach A

 

Apúntaste ó rallye ecolóxico?

imagen

Estes eventos teñen como propósito ensinar e xerar conciencia entre os rapaces sobre a mellor do medio ambiente e da sociedade. Nestes circuitos prima o respeto polo medio ambiente, non a velocidade. O que menos consuma, vence.

Neste tipo de competicións sóense utilizar tres tipos de vehículos, que emiten menos de 120 gramos de dióxido de carbono:

- Eléctricos: Vehículos de combustible alternativo impulsado por un ou máis motores eléctricos. A enerxía pode ser suministrada por alimentación externa con un aporte constante, enerxía solar, enerxía nuclear…

- Híbridos: A enerxía provén de fontes como o almacenamento de enerxía recargable e un sistema de conexión directa permanente ou un sistema baseado na queima de combustibles.

- De combustión:  Obteñen a enerxía dun combustible que arde dentro da cámara de combustión.

Un exemplo de rallye ecolóxico é o celebrado o pasado 19 de maio en Marín. Completaron un percorrido de máis de 200 km pola provincia de Pontevedra. Ó final premiouse nas categorías de emisións, consumo e regularidade, aínda que o que máis destacou foi esta nova forma de respetar o medio ambiente.

Sara Piñeiro Silva e Desirée Fernández Rey, 1ºBAC A

 

 

A Willy Fog das bolboretas

imagenA bolboreta monarca é quizáis a máis coñecida de todas as especies de bolboretas de América do Norte. É fácil recoñecela grazas ás súas chamativas cores laranxa e negra e á súa gran envergadura ( de 8’9 a 10’2 cm).

  É coñecida tamén polas súas longas e masivas migracións dende Norteamérica a México entre os meses de agosto e outubro, que poden levar a cabo gracias a súa gran lonxevidade, pois chegan a vivir nove meses, mentres que outras so duran uns poucos días. Pero esta vez, uns fortes ventos do oeste desprazaron este mágnifico exemplar ata o noso país encontrando fogar en Cádiz. Grazas as temperaturas e a que alí pode atopar a planta autóctona de Norteamérica coa que xeralmente se alimenta ( a adelfilla, unha planta velenosa que fai incomestible á sua vez á bolboreta por outros animais) e é capaz de vivir con normalidade.

   Ben é certo que xa se atopara algún exemplar nas Illas Canarias pero non lograran sobrevivir.  Pero no sur da península, parece que se encontra moi a gusto e non ten polo de agora problema ningún para desenvolverse como apuntan as numerosas investigacións levadas a cabo pola Universidade de Cádiz.

                                                

 Laura Paz e Alicia Rial 1º A

 

O prestixioso Dr. Ángel Carracedo visita o IES Praia Barraña e imparte unha clase maxistral sobre medicina forense

imagen

O día 4 de maio tivemos o privilexio de recibir no noso instituto ó Catedrático de Medicina Legal da USC Ángel Carracedo. Carracedo é o científico galego máis internacional, o seu laboratorio de identificación forense a través da xenética molecular é recoñecido mundialmente.

No ano 2005, O Instituto de Medicina Legal da USC foi catalogado como o mellor do mundo nos últimos 10 anos, superando incluso ó do FBI. O equipo co que traballa Carracedo xira entorno as cen persoas, entre as cales se atopan unhas 15 nacionalidades distintas.

O Instituto de Medicina Legal de Santiago participou en casos tan importantes coma o 11M ou o do tsunami do sueste asiático entre outros.

Na lección maxistral impartida no noso instituto o Dr. Carracedo centrouse no aspecto práctico do seu traballo comentando algúns dos casos nos que traballara e a forma de resolver estes. Carracedo falou do ADN e como a partir deste se podía identificar a cada persoa, xa que aínda que como dixo os seres humanos somos un 95,5% iguais no noso ADN, existen variacións importantes nas secuencias do ADN chamadas microsatélites e nas coñecidas como SNP, que permiten a identificación de persoas mediante a pegada xenética. Estes marcadores, presentes no ADN -ás veces moi escaso- das mostras utilizadas na identificación forense, son amplificados mediante a técnica da PCR e utilizados polo equipo do instituto de medicina legal para obter os perfís xenéticos das persoas.

Durante a exposición Carracedo tamén falou sobre algúns aspectos da bioética na xenética, como por exemplo da posibilidade que ten en España un pai de pedir unha proba de paternidade sen o consentimento da nai. Aínda que a meirande parte da clase se centrou na práctica, Carracedo dou moitos datos de interese como que en España practícanse 15.000 probas de paternidade anuais.

Ó final, no coloquio, o Doutor comentou que unha das súas maiores satisfaccións profesionais fora o descubrimento de xenes asociados á esquizofrenia xa que esta é nun 80% hereditaria. A raíz disto comentou que nos anos que lle quedan por diante ten pensado dedicar gran parte do seu tempo a investigación xenética das enfermidades psiquiátricas.

 

                                                                                 Abel Sánchez & Martin Romero 1º Bac C

 

 

Aproveita o tempo, sae a facer deporte

As chamadas enfermidades da abundancia, ou enfermidades occidentais, son aquelas que se relacionan co sistema de vida dos paises desenvolvidos.

remoo.jpg

O tabaquismo, a vida sedentaria e unha dieta pouco correcta, son as principais causas destas enfermidades.

O tabaquismo pode derivar facilmente en enfermidades como o cancro de pulmón, de pancreas, de colo, recto, larinxe, estómago, esófago, riñón, mama, boca ou cancro linfático, tamen enfermidades pulmonares crónicas e cerebrovasculares.

Outro factor a ter en conta é a actividade física. Levar a cabo un exercicio físico regular axudaranos a evitar enfermidades tan graves e comúns no mundo desenvolvido como a obesidade ou enfermidades cardíacas, que nos poden levar a infartos.

A dieta ten moito que ver coa nosa saude. Ultimamente os hábitos alimenticios cambiaron, dada a aparicion de produtos precociñados e envasados. A cantidade de produtos químicos, adictivos e conservantes que se lle botan a estes alimentos danan o noso organismo e crean enfermidades. O colesterol e as graxas trans que teñen aumentan o risco de infartos de miocardio.

En resumo, para levar unha vida san debemos evitar o tabaquismo, comer variado e cambiar os alimentos precociñados por productos naturais e practicar exercicio fisico habitualmente.

Iria Mariña Otero, 1º D

 

Redutor da biodiversidade

 O sexo é necesario para moitas cousas, entre elas, xenerar variabilidade xenética. A selección natural actúa sobre as variacións do xenome e deste modo fórmanse novas especies.  Deste modo, o máis intuitivo sería pensar que o sexo acelera a evolución e que os ecosistemas resultantes presentarán unha maior biodiversidade mais, unha recente investigación  suxire  o contrario : que o sexo podería reducir a diversidade das especies nun ecosistema.

Un dos científicos involucrados nesta investigación afirma : ” hai evidencias tanto de que o sexo incrementa a taxa da evolución das especies como de que a relentiza”

imagen

O sexo crea novas combinacións de xenes, elimina mutacións deletéreas e permite adaptarse a cambios no ambiente. Razóns suficientes polas que se aceleraría a aparición de novas especies. Pero todo ten un custo, neste caso o feito de atopar parella e a exposición a enfermidades de transmisión sexual son algúns dos mecanismos polos que a reprodución sexual pode relantizar a evolución das especies.

Segundo os investigadores,  os resultados reflexan que si a taxa de aparición de especies é máis lenta, a largo plazo a diversidade será maior.

Daniel Vázquez Fernández 1ºC

 

Grandes inventos creados por mulleres

Inventos que hoxe en día utilizamos e vemos como algo común como por exemplo: O Tipex, creado por Bette Nesmith, os limpaparabrisas, que foron inventados por unha muller chamada Mary Anderson, o cristal non reflectante, que foi idea de Katharine Blodgett, os traxes ignífugos, os pañais (Marion Donovan), ou o Kevlar (utilizado para a creación dos chalecos antibalas) e creado por Stephanie Klowek,  forón inventados nos seus días por mulleres.

imagen

                                                   Alex Somoza Samperdo, Sergio Romero Torrado 1ºC

 

Reconstrúen o fósil dun pingüín xigante

Un grupo de xeólogos da Universidade de Otago (Nova Zelanda)  lograron reconstruír a partir de ósos fosilizados a un pingüín prehistórico,  cuxos ósos foron atopados por casualidade por uns paleontólogos. Estes conserváronse en perfecto estado grazas a que estiveron baixo terra, protexidos do vento e das correntes mariñas.

imagen

                                                  Alex Somoza Sampedro, Sergio Romero Torrado

 

 

 

 

 

 

O primeiro home en vivir sin corazón nin pulso.

imagen

“Por primeira vez en 500 millóns de anos de evolución biolóxica temos fisioloxía sen pulso”, di o doctor Billy Cohn, quen xunto a Bud Frazieier do ”Texas Heart Institute” lograron reemplazar o corazón de un paciente con un aparato, mostrando que é posible vivir sen corazón nin pulso.

Xeralmente pensamos que o corazón é o órgano vital por excelencia, sin o cal a vida é imposible, simbolizando a vida misma. Pero a función do corazón pode ser reemplazada por un aparato mecánico, en este caso unha especie de turbina con unha serie de rotores que bombea o sangue de maneira continua sin producir un pulso.

 O ano pasado presentouse o caso do paciente Craig Lewis, a quen lle tiveron que extraer o corazón e insertarlle un sistema de turbinas.

“Se escoitas o seu peito con un estetoscopio, non escoitarías un latido. Si examinas as arterias, non habería pulso, si o conectaras a un electrocardiograma mostraría unha línea recta. Baixo todos os criterios convencionais que usamos para analizar a os pacientes, está morto”, di Cohn. E, sin embargo, vive.

Este extraordinario reemplazo de un órgano con unha máquina fainos pensar na posibilidade cada vez mais latente de incorporar artefactos tecnolóxicos ao corpo humano para mellorar o noso desempeño. É posible que en alguns anos esto se poida facer tamen co  cerebro, donde poderemos ter unha interface que nos permita ter unha memoria perfecta ou aumentar a velocidade do noso razoamento.

                                                                                                                                                                                      Brais Suárez Miguéns 1ºC

 

 

España alcanza un novo récord histórico de trasplantes

España, líder mundial en trasplantes, alcanza un novo récord histórico en 2011, con 1.667 doantes. Gracias a estes, puideronse realizar 4.218 trasplantes, o que supón un incremento dun 11,8% respecto ao ano anterior e 445 enfermos trasplantados máis. En definitiva, elevase a tasa de donación a 35,3 doantes por millón de poboación frente aos 32 de 2010.

imagen

Como remarcou o director da ONT( Organización Nacional de Transplantes), Rafael Matesanz, hai que dar as grazas tamén á xenerosidade dos cidadans. Por eles alcanzaronse cifras históricas en donación renal de vivo (crece un 30%, con un total de 312 trasplantes) e en trasplante de ril, de fígado e de páncreas. En total, realizaronse 2.494 trasplantes renais, 1.137 hepáticos, 237 cardíacos, 230 pulmonares, 111 de páncreas e 9 de intestino.

imagen

Como en anos anteriores, o maior número de donacións rexistrase entre as personas maiores. Por primera vez máis da metade dos donantes (53,7%) superan os 60 anos, o que da una idea del cambio de perfil producido nos últimos tempos. Só o 18,4% dos doantes ten menos de 45 anos. Tamén se incrementa en dos anos a idade media do donante, que se sitúa en 58,9, frente a os 56,7 anos de media de 2010.

imagen

O número de donantes crece en casi todas as Comunidades.

En canto aos donantes por accidente de tráfico, continúa a tendencia descendente de anos anteriores. Sólo o 5,1% dos donantes do pasado ano faleceron por esta causa.

 

Isolino Redondo Vidal 1ºC