Sabes que dende pequenos intentan concenciarnos con facer da terra un lugar mellor?
Seguro que te diches de conta algunha vez, sobre todo cando ves os rapaces pequenos facer algún traballo sobre aforrar auga, ou a reciclaxe. Pois estos temas son importantes inda que as veces cremos que non lograremos nada. Claro que non lograremos nada se só o fan poucas persoas. O que de pequenos lle chamabamos os 3 R, é un exemplo válido para aplicar hoxe, xa que é sinxelo e non require demasiado tempo.
-Que é e en que consiste Reciclar?
Reciclar é separar os diferentes tipos de lixo que producimos. Recilcar consiste en utilizar unha e outra vez os materiais, para facer novos productos. Dista forma, reducimos o gasto de recusrsos naturais esgotables.
-Reducir: Significa reducir o problema de xerar demasiado lixo ; cada persoa adulta xera o por medio de case media tonelada de lixo por ano. Se compras e consumes moito, mais lixo e mais residuos produces. Consumir de forma racional:
- Axuda a conservar os recursos naturais
-Diminúe a contaminación do aire e da auga
-Diminúe a produción de refugos provocados polo lixo.
Algúns consellos para reducir son:
-Elexir productos con menos envoltorios
-Reducir o uso de productos tóxicos e contaminantes
-Limitar o consumo de productos de usar e tirar
-Reducir o consumo de enerxía e de auga
-Reutilizar(Volver a usar): Consiste en darlle a máxima utilidade as cousas, sen necesidade algunha de destruílas ou desfacernos delas.
Moitos materiais, poden resultar utiles, para fabricar outras cousas. Se reutilizas obxectos produces menos lixo, e aumentas a vida útilo do obxecto.
¿Como separar na casa?
Pois é moi sinxelo, podes empezar utilizando diferentes bolsas de lixo para depositar cada tipo de residuo(orgánico…) ou diferentes cubos de diferentes cores. Así distinguense varias cores nos contenedores algúns deles son:
Verdes: Neles depositanse os vidros. As botellas debeselle quitar o tapón, xa que non está feito de vidro.
Azuis: Deposítanse nel calquer tipo de papel ou cartón, sempre e cando non conteña ningun tipo de plástico.
Amarelo: Depositamos todo tipo de envases: Teta-briks, metais, plástico… E dicir, materias inorgánicas.
-Que é un punto limpo?
O Punto limpo é unha instalacción de recollida selectiva onde se efectúa a recepción transitoria, recollida, clasificación e acumulación de certos tipos de residuos sólidos urbans. No punto limpio so son admitidos residuos xerados por particulares. O punto limpo é gratuíto para os usuarios particulares .
En difinitiva, se todos poñemos un pouco da nosa
parte, poderemos cambiar un pouco a terra, e
conservar por máis tempo os recusrsos esgotables, xa sabes.. os 3 “R” están na túa man!
Katy Sampedro. 1º de Bacharelato B