Océanos ácidos?
Os océanos formáronse hai 4 mil millóns de anos, e hoxe ocupan o 70 % da superficie do planeta. Son unha fonte de vida imprescindible. Pero hai algo que está a ocorrer no seu interior, e de seguir así, non tardaremos moito en acabar con eles …
As pradeiras mariñas, e dicir, a vexetación mariña que rodea as costas, é capaz de absorber e almacenar máis do dobre de carbono que os bosques tropicais. Unhas 830 toneladas por hectárea caben no solo que albergan debaixo !!! Este carbono é procedente do CO2 que nós humanos, por defecto, producimos. Pero vaia! Entón estas plantas son un choio, axudan a combater o cambio climático? Pois si, son unhas fortes aliadas en contra cambio climático. Pero ainda así, non son suficientes para combater as grandes cantidades de CO2 que atopamos disolto na auga. Xa que só son capaces de reducir case un 30% deste gas.
E qué pasa co Co2 disolto na auga?
Este gás, disolto na auga dá lugar ao ácido carbónico, H2CO3, e o mar absorbeu tanto que se esta acidificando. Actualmente encontrámonos en 385 ppm. Este incremento do Ph no océano terá consecuencias fatais para a biosfera mariña:
- Os organismos mariños con caparazón non poderán formalo. Debido a a acidificación produce unha reducción da cantidade de ions carbonato para o carbonato cálcico, CaCO3, indispensable na formación de esqueletos e conchas.
- Disminución do plancton que habita nas augas. Se o principal eslabón da cadea trófica mariña desaparecese toda a pirámide se derrubaría.
- Grupos animais importantes como erizos de mar ou algas coralinas non poderán sobrevivir debido a que o CO2 fai que a auga sexa corrosiva.
A maneira de que os océanos volvan a normalidade sería estabilizarse en 350 ppm, esto suporía unha reducción do 85 % das emisións globales, o que só se poderá conseguir tirando de fontes de enerxía alternativas como eólica ou solar.
De non ser así, aconsellase ir mirando por un bo voo directo a Marte para o 2050.
Con esto, déixovos aquí un interesante documental sobre este tema en inglés: Acid test