Cumpre 60 anos a estrutura do ADN

imagen

A primeira descrición da dobre hélice do ácido desoxirribonucleico (ADN), un descubrimento que cambiou para sempre a comprensión da vida, cumpre este mes 60 anos desde a súa publicación.

O descubrimento científico levouse a cabo nun laboratorio da Universidade de Cambridge en Gran Bretaña. O británico Francis Crick e o estadounidense James Watson, interpretando un dos numerosos difractogramas de raios X realizados pola investigadora londinense Rosalind Franklin que traballaba no laboratorio de Maurice Wilkin, descifraron a estrutura secundaria do ADN.

O 25 de abril de 1953, a revista científica Nature publicou o artigo escrito por Watson e Crick co título Estrutura do ácido desoxiribonucleico, onde os científicos revelaron o misterio da molécula que contén a información necesaria para que calquera organismo vivo naza e se desenrole, resolvendo o funcionamento do código xenético iniciando unha era de avances sen precedentes na bioloxía.

Isto refírese a que a dobre hélice é onde se conservan en forma de secuencia os xenes que conteñen as instrucións para sintetizar moléculas maiores que a súa vez constrúen células con funcións específicas, demostrando que a clave da transmisión xenética ocúltase no ADN.

O descubrimento non era unha mera descrición da molécula, senón que permitía comezar a explicar o mecanismo co que o ADN sepárase en dúas febras —de aí a dobre hélice— para reproducirse en dúas moléculas idénticas, a base da herdanza xenética.

Dito descubrimento realizouse no laboratorio Cavendish de Cambridge, onde traballaron 29 gañadores do premio Nobel no último século.

WatsonCrick e Wilkins, recibiron o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina en 1962.

Rosalind Franklin, cuxa crucial  contribución a este descubrimento se intentou silenciar durante moito tempo, falecera uns anos antes dun cancro, quizais causado pola exposición continuada aos raios X, na percura dun bo difractograma da molécula de ADN. Cando por fin o obtivo, o seu xefe Wilkins pasoullo sen o seu consentimento a Watson e Crick que se levaron todo o mérito da investigación.

O 10 de abril pasado, a casa Christie’s subastóu unha carta do científico británico Francis Crick, que escribiu ó seu fillo para comunicarlle o descubrimento. A misiva alcanzou un prezo de cinco millóns trescentos mil dólares.