Os coches híbridos condúcennos a un futuro mellor
O consumo de combustible e a emisión de CO2 son un grave problema para o noso planeta, pero, que pasaría se grazas a novos vehículos de tecnoloxía intermedia entre os coches actuais e os eléctricos puidésemos evitar o problema?
Os coches híbridos son unha innovación de tecnoloxía intermedia debido a que son unha mestura entre os coches con motor de combustión (a maioría deles) e os coches eléctricos, que funcionan únicamente ca electricidade que almacenan nas baterías. Polo tanto, estes vehículos dependen da gasolina para funcionar, pero ademáis unha parte deste combustible dedícase a producir electricidade que se garda nas baterías para facer funcionar o motor eléctrico que traballa xunto co motor térmico para reducir o consumo e as emisións de gases contaminantes. Este funcionamento supón unha reducción no consumo e nas emisión de CO2 (gas asociado ao efecto invernadoiro) e de outros gases e partículas contaminantes procedentes da queima do combustible.
Algúns coches híbridos admiten un enchufe, de forma que as baterías, ademáis de recargarse co motor de combustión ou ca deceleración, poden recargarse tamén enchufando o vehículo á rede eléctrica.
O obxectivo dos coches eléctricos e híbridos está en conseguir baterías máis capaces e lixeiras que lles concedan maior autonomía e tempos de recarga menores, pero sobre todo máis económicas, xa que o seu coste impide a construcción de vehículos deste tipo.
Se queremos protexer o planeta, agora sabemos que os coches híbridos nos axudarán. So temos que deixar que a tecnoloxía destes coches avance para retroceder ao pasado, cando os coches eléctricos eran algo normal e común.
Nuria Outeiral Pais 1ºBach A