California, un avance para as enerxías

No noso planeta podemos destacar distintos tipos de enerxía. Como a enerxía nuclear, a solar, a hidráulica, a fósil , a gravitacional… Pero non existe un bo desenvolvemento no  avance das enerxías, xa sexa por razóns económicas ou pola mesma política.

Pero según as últimas novas este non é o caso de California, xa que o NIF provocará aquí, unha reacción nuclear, cos raios láser máis grandes que se construíron ata o momento, para demostrar a viavilidade da fusión nuclear como fonte de enerxía limpa e abundante.

Para este experimento utilizaranse en total 192 raios, que apuntaran a unha pequena munición de combustible de hidróxeno. Se o experimento fose un éxito lograríase extraer máis enerxía da que se necesitou para inicialo, demostrando así que estariamos ante unha fonte limpa, renovable e prácticamente infinita (liberándonos así dos combustibles fósiles). “Estamos cerca de lograr o que nos propuxemos dende un principio: a fusión nuclear controlada e sostida” opinan alguns investigadores.

Pero California aínda dá máis xogo, ca próxima construcción das torres solares máis grandes do mundo. Abengoa firmou un acordo de colaboración con BrightSource Energy para a promoción, contrucción e operación destas torres solares, ahí en California, co que se esperará a construcción a finais do 2013.

imagen

Isto recibe o nome de “Proyecto Palen”, que constará de dúas torres de 250MW, cada unha no condado de Riverside, unha estará destinada a producción de enerxía solar do Departamento de Interior norteamericano. Estas dúas torres produciran enerxía suficiente para abastecer a demanda de 200.000 hogares e a emisión de 17 millóns de toneladas de CO2 durante o seu ciclo de vida.

Así en conclusión, California é un banco de probas para o avance das enerxías.

Lorena Fernández Rodríguez 1º A BACH

 

 

Tags: ,