Combater o cancro co VIH

Son as palabras que pronunciou unha familia cuxa filla padecía unha leucemia moi severa e á quen a quimioterapia non lle facía efecto despois de dous largos anos combatendo o cancro

A única opción que tiña a nena era un tratamento experimental descuberto por científicos de Pensilvania.

Este tratamento consiste en emplear unha variante neutralizada do virus VIH.

-Primeiro manipularíase dito virus desactivando algúns dos seus xenes e introducíndolle xenes de rato, de humano, de vaca ou outros animais.

-A continuación reprogramaríanse un tipo de glóbulos brancos que son vitais para a nosa resposta inmunitaria ( células T) extraendo millóns de estas  exponéndoas ó VIH inactivo.

Logo inxectándolles o novo material xenético. Cando estas se devolven ó corpo, atacan as células Bimagen

-Finalmente  administraríase por vía intravenosa inmunoglobulina ( un anticorpo), que permite que a persoa poida vivir sen as células B sás. A esperanza é que este tratamento sustitúa ó trasplante de médula ósea. Polo momento só se plantea en pacientes que non responden á quimioterapia. Espérase que este tratamento experimental avance moito no mínimo tempo posible.

 

 

 

Tags: