Unha parte da poboación rexeita os medicamentos de marca fronte ós xenéricos

Elixín este tema dos medicamentos de marca e xenéricos  xa que me parece moi interesante fronte o problema que estamos vivindo nestes momentos ca crise económica do noso país.

Os cidadáns  do noso país están rexeitando os medicamentos de marca xa que  os medicamentos xenéricos son aqueles fabricados coa mesma composición que os medicamentos de marca , son da mesma calidade pero a  prezos  máis asequibles.Estes medicamentos xa son coñecidos pola maioría dos pacientes do noso país.

Ó longo do ano 2012 fíxose unha entrevista os cidadáns ,e os resultados foron os seguintes:

O 92% dos cidadáns coñecen estes medicamentos pero destes medicamentos só se fian o 77% da poboación mentres que o 22% só se fían dos medicamentos de marca.

imagen

Os medicamentos xenéricos foron unha ferramenta clave para recortar o gasto farmacéutico de todos os gobernos,en España o uso destes medicamentos non está ó nivel do que os usan outros países europeos,xa que moitos cidadáns prefiren os medicamentos de marca.

O sector dos xenéricos intentou con frecuencia que os fármacos de marca non puideran baixar o seu precio tanto como eles,pero esto nunca foi aceptado ,e moito menos tendo en conta que ambos tipos de productos son equivalentes .

A pesar desto,a convivencia entre xenéricos e medicamentos de marca está chegando a un momento de certa tranquilidade xa que dentro duns anos os medicamentos xenéricos e de marca serán substituídos polos medicamentos biolóxicos,estes son proteínas que se fabrican en cultivos de células ou bacterias e non se fabrican nun laboratorio tradicional como os meditamentos ditos con  anterioridade.

Para isto os medicamentos  xénericos van ter que pasar grandes probas para demostrar que poden sustituír os medicamentos de marca e  que os cidadáns aceptemos os novos cambios de medicamentos.

Eu na maioría das veces que teño que consumir un medicamento consumo os xenéricos,xa que fan o mesmo efecto e son  a prezos máis asequibles.

Eva Blanco Vidal 1ºB