Un rapaz único entre as nenas

Fai escasamimagenente un par de días naceu na Fundación Jiménez Díaz o primeiro neno libre de padecer un transtorno chamado síndrome de inmunodeficiencia severa que se coñece comunmente como síndrome do neno burbulla debido a que un neno chamado David Better logrou vivir 12 anos libre de infeccións pero a cambio tivo que estar todo ese tempo encerrado nunha burbulla de plástico. O nacemento do primeiro neno español sen esta enfermidade foi posible grazas a preselección xenética preimplantacional que consiste en analizar os xenes do embrión e asi poder detectar algunha anomalía.
Ata o de agora solo naceran rapazas libres da enfermidade xa que aínda que son portadoras non chegan a padecela, por iso só se seleccionaban embrións de nenas. Para detectar esta patoloxía é necesario realizar un diagnóstico xenético preimplantacional no que se fai un estudo das células do embrión para logo seleccionar os sans.
Grazas a estas técnicas as parellas que queiran un varón poderán telo sen medo a que pad
imageneza esta rara enfermidade que afecta a un de cada 100000 nenos que soen padecer unha gran cantidade de infeccións que non remiten utilizando fármacos e desgraciadamente a maioría morren aínda que moitos poden salvarse mediante un transplante de medula ósea. Como podemos ver, todos os días se conseguen avances no mundo da ciencia e no campo da sanidade como por exemplo este que pode axudar a que moitas persoas fagan realidade os seus soños.

 

Tags: , ,