Ser estéril, quizáis xa non sexa un problema

  O científico Karim Nayernia e o seu grupo da Universidade de Newcastle, atoparon un método que podería axudar a comprender mellor os problemas de esterilidade dos homes estériles

Estes cietíficos conseguiron obter o que eles chaman “esperma derivado in vitro”  humano. Os espematozoides foron creados nun tubo de ensaio, a partir de células nai derivadas dun embrión masculino donado de cinco días de idade, nas cales a partir de técnicas de cultivo e gracias a un marcador xenético fluorescente, os científicos de Newcastle foron quen de identificar e separar as células nai xerminais, que son as células das cales se desenrolan os óvulos e o esperma. As células xerminais que contiñan o cromosoma XY, eran capaces de reproducirse por meiosis e formar o esperma maduro.


O esperma in vitro contén as características esenciais e comúns aos espermatozoides naturais para a fertilización do óvulo. Desta maneira, o profesor Nayernia afirmou: “Practicamente todalas características específicas do esperma están presentes nas células que obtivemos. Por exemplo, o movemento coa cola, posúen cabeza, a súa información xenética e proteínas, que son importantes para o desenrolo e efectividade do esperma.”

Se o experimento avanza, un só embrión masculino, xeraría unha liña de células nai que proporcionarían unha cantidade ilimitada de esperma. Pero cal sería o problema de todo isto? A población creada a partir deste método sería toda do mesmo tamaño e forma, xa que terían o mesmo orixe xenético masculino e o mesmo cromosoma Y, para todolos fillos.

Para máis información sobre este novo achádego podedes visitar a revista ‘Stem Cells and Development’