Futuros superheroes?

Todo o relacionado con superheroes e poderes asóciase con debuxos e ca ciencia ficción. Pero que pasaría se agora eses ‘’superpoderes’’ fosen reais?
Fai pouco apareceu o primeiro superheroe con vida, unha rata, a cal consta con un sexto sentido, o da visión en infravermellos.

Un grupo de investigadores da universidade de Duke, realizou un experimento que consistía en dar visión infravermella a ratas.
Este expereimento basouse primeiro en aprenderlles ás ratas a ir a un lugar cando unha luz LED se acendía nel. Logo os investigadores implantáronlle unha rede de electrodos na rexión sensible ó tacto do cerebro , os cales se lle conectaron a un sensor de infravermellos montado na cabeza dos animais.
Máis tarde as luces LED do principio foron sustituídas por por luces infravermellas e cando estas se encendían, as ratas respondían da mesma maneira que coas luces LED. Isto significaba que as células involucradas se adaptaban ao novo traballo conservando ambas funcións.
O ser humano non ten a capacidade de ver na escuridade, pero con este descubremento todo podería cambiar e poderíamos apreciar o que a escuridade e a noite esconde.

O obxetivo deste experimento busca conducir a novas prótesis cerebrais que restauran calquer déficit sensorial que estivese danado, é dicir, esto supón poder mellorar as condicións de vida das persoas que por calquer motivo sexa de nacemento ou por accidente, pérdese algunha capacidade sensitiva como a de non ver ven as cores, poderíaselle implantar unha destas prótesis e facer que recuperase esa capacidade. Este descubrimento podería tamén dotar de poderes de superhéroe a seres humanos, xa que poderíamos contar con raios X, ondas de radio…

imagen

Tras este descubrimento, cabe a posibilidade de que Superman si existise na realidade e tivese implantada unha prótesis no seu cerebro.

Laura García Tubío 1º Bach A