Deixará de ser invencible a tuberculose multirresistente?

A Axencia da Alimentación e do Medicamento de EEUU (FDA) encontra unha posible saída a tuberculose multirresistente no descubrimento dun novo fármaco. Trátase da bedaquilina, e é o primeiro fármaco antituberculostático aprobado en máis de 40 anos e indicado expresamente para este tipo de tuberculose.

As mutacións de bacilo están sendo tan significativas que xa definen un novo tipo de tuberculose: a múltiple resistente (MDR), a cal se dá cando o microorganismo non responde a dous dos medicamentos máis comúns, que son a rifampicina e a isoniazida. Polo tanto adóptase como opción a proba de combinacións máis agresivas que poden supoñer un período de hasta 2 anos con 20 pastillas diarias, o que resulta inadmisible en moitos países. A gravidade desta variante vai en aumento, e a OMS indica que xa houbo máis de 300.000 casos da variante resistente, e que solo o 20% recibe tratamento.

Por isto, a FDA aproba a bedaquilina mediante un procedemento acelerado, que se basa nunha rápida avaliación do risco do fármaco fronte aos seus potenciais beneficios. Debido a isto haberá que usar este medicamento en combinación con outros, e ten varios riscos, sobre todo cardiacos.

A bedaquilina ten o potencial de mellorar o tratamento da tuberculose multirresistente aos fármacos. Ademáis este antituberculostático ten un novedoso mecanismo de acción que actúa bloqueando a síntese de ATP da membrana celular, o que lle permite permanecer activo contra as bacterias que desarrollaron resistencia aos fármacos actuais, anteriormente citados.

imagen

Pese aos riscos, e valorada a gravidade da infección, organizacións como Médicos sin Fronteras (MSF)  recibiron con alegría esta noticia. Afirman que é un avance maiúsculo, e que ademáis o feito de que este fármaco sexa activo contra as formas resistentes a medicamentos da tuberculose supón que ten un potencial para cambiar as reglas do xogo.

Nuria Outeiral 1ºA