Coidarse máis, vivir mellor!

Tanto como un 23% dos cánceres colorrectales poderíase evitar se as persoas levasen uns hábitos de vida saudables.

imagen

As recomendacións, que poden mellorar a saúde xeralmente son : o exercicio, unha boa dieta, o consumo moderado de alcohol, non fumar e manter un peso saudable. Máis concretamente:

  • O primeiro é levar unha alimentación sa:

- As proteínas deben supoñer un 15 % do aporte calórico total, non sendo nunca inferior á cantidade total de proteínas inxeridas a 0,75 gr/día e de alto valor biolóxico.
- Os hidratos de carbono ou azucres aportarannos polo menos un 55-60 % do aporte calórico total.
- Os lípidos ou graxas non sobrepasarán o 30% das calorías totais inxeridas.

  • O exercicio físico e esencial para manter unha boa calidade de vida, a falta deste é unha das principais causas de debilidade e saúde pobre. Facendo exercicio podes previr artritis e reumatismo e incluso problemas do corazón conseguindo unha boa circulación sanguínea.
  • Tanto o tabaco coma o alcohol poden producir unha mala calidade de vida polos efectos nocivos que teñen sobre o pulmón, a circulación, o corazón e o fígado e ademáis predispoñen a formación de diferentes tipos de cáncer.
  • Non tomar drogas, non so as ilegais, senón tamén medicamentos (analxésicos, ansiolíticos…) que poden xerar certa dependencia e problemas hepáticos ou de insomnio ao deixalos.
  • Unha boa limpeza dental e unha visita ao odontólogo cada ano é fundamental para acadar un ben estar xeral.
  • Evitar situacións estresantes ou nerviosas. Descansar 8 horas diarias e ter unha actitude positiva.

 

Tags: