O obxecto celeste máis afastado e antigo do universo. A galaxia MACS0647-JD

Coa axuda dos telescopios espaciais Spitzer e Hubble, e unha das “lentes de aumento” que existen de modo natural no cosmos, uns astrónomos estableceron un novo récord na busca do obxecto celeste máis afastado e antigo do universo.

Trátase dunha galaxia moi primitiva, que se mostra como unha mancha diminuta, o quepermite adivinar algo de cando o universo tiña tan só un 3% da súa idade actual, que é de 13.700 millóns de anos. A imaxe observada da galaxia, chamada MACS0647-JD, corresponde a 420 millóns anos despois do Big Bang, o estalido no que se creou o universo.

A súa luz viaxou durante uns 13.300 millóns de anos ata finalmente chegar á Terra. Este é o último descubrimento dun programa no que se utilizan lentes de aumento naturais para observar galaxias distantes do universo. Un grupo internacional de observación, está a utilizar xigantescos cúmulos de galaxias como telescopios cósmicos cos que aumentar a imaxe de galaxias distantes situadas detrás destes cúmulos. Esto denomínase lente gravitacional.

No seu percorrido, a luz da MACS0647-JD deu un rodeo por múltiples desvíos en torno ao gran cúmulo de galaxias “MACS J0647+7015. Sen a potencia de aumento do cúmulo, os astrónomos non poderían ver esta remota galaxia. Grazas ao efecto de lente gravitacional, o equipo de investigación do CLASH puido observar tres imaxes aumentadas da MACS0647-JD co telescopio Hubble. A gravidade do cúmulo intensificou a luz da galaxia atopada, facendo que as imaxes fosen moito máis brillantes, o que non sería posible sen a lente gravitacional.

A Galaxia MACS0647-JD

 

 A galaxia MACS0647-JD é tan pequena que na época captada nas imaxes podería estar nas primeiras etapas da súa formación que a habería convertido finalmente nunha galaxia bastante máis grande. Un estudio realizado, mostra que a galaxia ten menos de 600 anos-luz de diámetro. Atópase entre a Osa Maior e Menor.

Este obxecto pode ser un dos moitos bloques de construción dunha galaxia. Cabe esperar que nos máis de 13.000 millóns de anos transcorridos dende entón, se producisen nesa rexión remota do cosmos decenas, centos, ou mesmo miles de eventos de fusión con outras galaxias e fragmentos de galaxias.

José Alberto Triñanes. 1º de Bacharelato B.

 

Tags: , ,