Vida extraterrestre no 2030
O experto en investigación extraterrestre Seth Shostak, afirma que no 2030 imos descubrir vida extraterrestre intelixente. Para isto baséase no desenvolvemento que a radio astronomía está tendo, e a utilización de radiotelescopios máis potentes ca os actuais.
De todas formas, a intelixencia coa que nos atoparíamos sería muy diferente a humana. Aínda que o experto non especificou que tipo de intelixencia poderíamos atopar. Este home non foi o único en apoiar a hipótese, xa que máis expertos din que hai moitísimas galáxias semellanteas á nosa Vía láctea, e que é moi probable a existencia destes seres.
O proxecto SETI colabora con esta hipótese, xa que leba máis de corenta anos funcionando na busca de vida intelixente a parte da nosa. Esta labor de búsqueda é lebada a cabo con grandes radiotelescopios os cales se encargan de enviar frecuencias de ondas de radio cunha intención concreta: “escoitar o espacio”.
Algunhas series televisivas tamen nos falan de estas búsquedas e destes fenómenos. Aquí tedes un exemplo:
Por moito que a xente queira contactar con vida intelixente exterior á nosa Galáxia pode que esta vida se poña en contra nosa colonixzando ou invadindo o noso planeta. Como ben dixo Stephen Hawkins : “Non nos fagamos ver, xa que os de fóra poden querer atacarnos ”
Paula Pérez e Alejandra Galbán. 1º Bacharelato A.