“Superterra” habitable
Un equipo internacional de astrónomos encontraron unha “superterra” (un planeta co dobre de masa ca Terra) que pode ser adecuado para albergar vida debido á súa posición no espazo.
Este exoplaneta , situado nunha zona habitable (nin demasiado fría nin demasiado quente), orbita arredor da estrela HD 40307 e forma parte de un sistema formado por seis planetas.
Ao principio críase que o sistema tiña tres planetas en órbitas moi cercanas das estrelas e que poderían conter auga líquida. Pero estudiando estes corpos, descubriron tres planetas máis, entre eles esta superterra, grazas a técnicas de análise máis precisas dos datos recollidos polo espectrógrafo HARPS do Observatorio Austral Europeo en Chile.
Según o estudo, cuxos autores principais son Guillem Anglada-Escudé da Universidade alemana de Gotinga e Mikko Tuomi, da Universidade británica de Hertfordshire,o máis interesante dos tres novos planetas, é o que se encontra máis afastado da estrela. Xa que a súa masa sete veces maior ca Terra e a súa órbita están a unha distancia similar á que existe entre a Terra e o Sol, polo que recibe unha cantidade similar de enerxía e, polo tanto, ten posibilidades de ser habitable.
Esta superterra encóntrase a 42 anos luz da Terra.
O máis probable é que xire sobre o seu propio eixe mentres orbita ao arredor da súa propia estrela, polo que podería ter un ciclo nocturno e diúrno ao igual que a Terra.“Non hai forma mellor de crear un entorno similar á Terra”, dixo Tuomi.
Algunhas das opinións dos seus principais autores foron: Mikko Tuomi, dixo : “Fomos pioneiros en novas técnicas de análise de datos, incluíndo o uso da lonxitude de onda como filtro para reducir a influencia da actividade no sinal na estrela, isto incrementou significativamente a sensibilidade e permitiu revelar os tres novos planetas ao arredor do sol coñecido como HD 40307”
Según Anglada-Escudé “a estrela HD 40307 é unha estrela anana perfectamente tranquila, polo que non hai ningunha razón pola que este planeta non poida ter un clima parecido ó da Terra ”.
“Descubrimento como este son realmente emocionantes, e estes sistemas serán brancos naturais para a próxima xeración de grandes telescopios, tanto en terra como en espazo “dixo Tuomi.
Noelia Santamaría Otero 1º Bach. A