O rapaz de letras que gañou o Nobel de Medicina

Cando chegamos ao bacharelato, oblígannos a elixir un campo de estudo no que debemos especializarnos. Mais o que elixamos nun primeiro momento, non rematará determinando o noso futuro. Un caso similar lle pasou a John Gurdon pero cunha “pequeniña” variante, este científico acabou gañando un Premio Nobel!

John Bertrand Gurdon, nado en 1933 no Reino Unido, é un biólogo que estuda os procesos de crecemento e desenrolo do organismo. Aínda que, nun principio, ninguén apostou por él como científico.

imagen

Gurdon asistiu ao Eton College, onde mostrou a súa afición pola ciencia, pero non deu resultado nas súas calificacións. Mesmo recibiu comentarios de algúns dos seus profesores “Creo que Gurdon ten a idea de convertirse en científico. Polo que mostra neste momento, isto é bastante ridículo. Se non pode entender os datos biolóxicos sinxelos, non tería oportunidade algunha, de facer o traballo dun especialista e sería unha absoluta pérdida de tempo tanto para el coma para os que o ensinen”. Intentou traballar no Exército e como home de negocios pero non foi admitido. Posteriormente, comezou a estudar Filoloxía Clásica, mais rematou matriculado en Zooloxía. En 1962, Gurdon clonou unha rá e descubreu, a partir dun experimento revolucionario, que a especialización de células é reversible. Hoxe en día a técnica de Gurdon coñécese como a clonación por transferencia celular.

Gurdon  obtivo galardóns como o premio Wolf de Medicina en 1989 e o premio Lasker en 2009. Pero fai tan só uns meses, consigueu o premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina polas súas investigacións pioneiras na clonación e a obtención de células nai a partir de células adultas. Todo un logro para o home que empregou a súa vida demostrando a súa paixón polas ciencias.

María Dieste. 1º Bach B

 

Tags: