Un planeta con moito glamour

Planeta diamanteCientíficos da Universidade de Yale descubriron un planeta cuxa superficie podería estar formada por grafito e increiblemente por diamantes como os que podemos atopar nas xoierías. Dito planeta chamado 55 Cancri e, atópase orbitando ao redor dunha estrela similar a nosa, o Sol,  na constelación de Cáncer situada a 40 anos luz da Terra e as súas características son moi diferentes as do noso planeta. 55 Cancri e, o tamaño do seu radio duplica o da Terra, a súa masa é oito veces máis grande e está composto por carbonos principalmete aínda que tamén por ferro e algúns silicatos. A súa velocidade a hora de dar unha volta ao redor da súa estrela é enorme xa que un ano dura tan só 18 días frente aos 365 días que dura o noso. Da súa temperatura podemos dicir que é moi elevada, de   2000 ºC que o descarta totalmete a posibilidade de que exista auga nel e polo tantos fai que sexa imposible que desenrole vida humana nel.

 Pero non só na constelación de Cáncer se poderían atopar planetas con diamantes na súa composición xa que o ano pasado investigadores das Universidades de Manchester e Ohio a partires de experiementos no laboratorio chegaron a conclusión de que na Vía Láctea poden existir este tipo de planetas, os chamados superterras. Tamén o ano pasado se descubriu un pequeno planeta diamante xirando a redor dun púlsar na constelación da Serpe.

imagenComo podemos ver vivimos nun universo moi completo que mesmo contén as súas propias xoierías.

Cristina Suárez González. 1º Bach A

 

Tags: , , ,