Un pequeno paso para a humanidade, un gran salto para o home
¿Límites humanos?¿Velocidade supersónica? Quen dixo que non se podía superar esta barreira sen medios mecánicos? O pasado día 14 de Outubro de 2012, o paracaidista austríaco Felix Baumgartner, realizou con éxito un salto estratosférico a 39.045 m de altitude apróx. Chegando a superar no segundo 45 de caída libre a 1.342 km/h a velocidade do son (1.234 km/h). Ascendeu deica os confins da estratosfera nun xigantesco globo de helio do que penduraba unha cápsula na que se atopaba. Máis de 8 milleiros de seguidores en Youtube Live, tiveron que agardar 2h e 33min ata que o globo chegase ao seu destino para poder ver a proeza deste intrépido paracaidista. O Sr. Baumgartner, intentou e conseguíu bater a maioría de todos os records que se lle propuxeran:
- Subida en globo a maior altura. (39.045m)
- Salto dende maior altura. (39.045m)
- Salto de maior velocidade en caída libre. (1.342km/h)
- Salto de maior número de minutos en caída libre; sendo este último o único que non conseguíu batir. Xa que todavía sigue no poder do seu mentor no proyecto Red Bull Stratos, Joe Kittinger.
O noso heroe relatou que durante a caída comezou a xirar con moita brutalidade, e estivo a piques de perder o coñcemento, pero conseguíu estabilizarse cando comezou a notar a presenza do osíxeno na troposfera que ía reducindo a súa velocidade. ” Aí arriba o mundo é distinto, o corpo reacciona diferente” citou Felix na rolda de prensa. Según afirmou a páxina web de Rell Bull Stratos, este feito acadou cuantiosos avances nos traxes espaciais para prósperas misións, e sobre todo, que os límites humanos todavía están por determinar. Ata donde poderemos chegar? Raúl Deira Pérez 1º Bac A