Máis vitaminas, menos cancro?

Segundo un estudo, realizado nos EEUU, os multivitamínicos reducen o risco de cancro en adultos sans que os tomaron durante máis dunha década.

O resultado foi unha sorpresa, porque en moitos estudos feitos de vitaminas individuais chegárase a conclusión de que non axudaban a previr enfermidades crónicas, incluso podía causar problemas.

 

imagen

 Poré, os multivitamínicos poden ter resultados diferentes en mulleres, homes, rapaces ou persoas menos sans que as incluídas no estudo. Algo similar di o doutor Ernest Hawk, vicepresidente de prevención do cancro no Centro Oncológico Anderson, na Universidade de Texas: ” É un efecto moi leve, e persoalmente non estou seguro de que sexa suficientemente importante para recomendarllo a alguén”.

Neste novo estudo, os multivitamínicos reduxeron a posibilidade de reducir o cancro nun 8%. Sen  embargo, isto é menos efectivo cunha alimentación adecuada , exercicio e non fumar, xa que cada  un pode reducir cancro dun 20 ao 30%, din os expertos.

Isto fainos reflexionar na dependencia que temos nos fármacos e a pouca confianza que temos no noso corpo, que é unha máquina, que ao fin e ao cabo, funciona moi ben en situacións normais e coidalo moitas veces é mellor que depender de substancia axeas  (mediciñas).

Vicky Domínguez e Lorena Fernández. 1º Bach A

 

Tags: , ,