Xa é posible camiñar para os ratos parapléxicos
Hai uns días os medios de comunicación falaban dun experimento que permite que ratas parapléxicas poidan camiñar. Pode ser un gran avance para a ciencia moderna. Imos explicar en que consistiu o experimento.
Un equipo de investigadores da Universidade de Zurich (Suiza) conseguiu un sistema que permite volver a camiñar ás ratas que tiñan a medula espiñal cercenada (similares ás que causan unha parálise na parte baixa do corpo dos humanos). Os científicos afirman que este invento poderíase aplicar a seres humanos con lesións graves na espiñal. Un arnés robótico deseñado especialmentepara este estudo unido a unha estimulación eléctrica e química e un chaleco colocado ás ratas vinculados a este sistema róbotico que lle sostiña as patas traseiras permite que os animais podan camiñar. As ratas comezaban a camiñar por si mesmas e podían correr, subir escaleira e esquivar obstáculos.
Esperemos que este gran avance sexa aplicable a seres humanos no futuro e así, que os parapléxicos poidan volver a camiñar.
Carlos García González 1ºC