Unha ameaza para a Antártida

imagenA Antártida ten moita importancia na Terra, porque regula o clima do planeta. O quentamento global está afectando moito os seus xeos e cada ano diminúe o grosor 7 metros. Este quentamento prodúcese pola entrada de augas tépedas por debaixo da plataforma e fai que pouco a pouco a capa de xeo se estea fundindo. Os científicos están moi preocupados, e din que o desxeo estase producindo moi rapidamente. Outro problema é, que partes que se consideraban  fora de perigo do desxeo, actualmente tamén o están sufrindo como por exemplo o mar de Weddell.As consecuencias do desxeo serían desastrosas e farían que o nivel do mar subira uns 3,3 metros de media. Outro factor que afecta ao desxeo son as correntes mariñas. Ademais, a Ántartida e unha das rexións da Terra que sufre máis os cambios da temperatura. En conclusión, a Antártida estase derretendo moi rápido e esto vai provocar consecuencias desastrosas no noso planeta.

Juan Carlos Deán. 1º Bacharelato C.