O quentamento global ameaza a plataforma xeada da Antártida

A Antártida é un regulador do clima do planeta, pero igual que foi o último continente por descubrir e explorar, tamén está resultando ser a última zona da Terra na que os expertos van desvelando os procesos do quentamento global e as perspectivas para as próximas décadas. E o continente branco está resultando ser moi vulnerable ao cambio climático.As plataformas xeadas antárticas teñen diminuído en grosor até sete metros por ano de media entre 2003 e 2008, segundo os datos tomados polo satélite ICEsat, da NASA. Este proceso de perda de xeo débese máis a entrada de augas tépedas baixo a plataforma que ao aumento da temperatura do aire.

No último medio século, as temperaturas na superficie da maior parte do continente branco permaneceron estables, aínda que cunha notable variabilidade anual. No mesmo polo Sur non se rexistrou unha tendencia cara ao quentamento ou ao arrefriamento. Porén, a península Antártica, é unha das rexións do globo onde se produciu un aumento das temperaturas máis acelerado nos últimos 50 anos, cun incremento de tres graos centígrados, moi superior ao quentamento medio do planeta.

imagen

Precisamente a vertente oriental da península Antártica é a única zona na que se pode explicar o adelgazamento da plataforma xeada polos ventos máis temperados, que funden a neve na superficie. No resto do continente, son as correntes mariñas as que están actuando.

O quentamento global está tras este fenómeno, xa que son os cambios nos patróns dos ventos os que afectan á  forza e á dirección das correntes oceánicas, de maneira que a auga morna se  canaliza baixo a plataforma xeada.

Antón Seijas. 1º Bacharelato C.