As tormentas son máis intensas se o aire esta contaminado?

A polución atmosférica fai que as tormentas de verán sexan máis intensas do normal, segundo un estudo publicado na revista Geophysical Research Letters. Segundo os autores, o calor atrapado por nubes cargadas de partículas contaminantes podería estar afectando ao clima global.

imagen

As nubes de tormenta, tamén chamadas nubes de convección profunda, reflicten gran parte da enerxía do sol de volta ao espazo, atrapan o calor que emerxe da superficie terrestre e devolven á superficie a auga que se evapora en forma de chuvia. O que revela o novo estudo é que cando o número de pequenas partículas contaminantes do aire aumenta, tamén aumenta o tamaño das nubes de tormenta, xa que as partículas separan as gotas de auga, que se fan máis pequenas e tardan máis en acadar o volume suficiente para que comece a chover. Deste modo, as densas nubes formadas no aire contaminado aumentan máis o calor durante o día que as que se forman no aire limpo, e tamén provocan un ascenso das temperaturas durante a noite.

Soli Redondo e Brais Suárez. 1º Bacharelato C