A importancia das abellas

As abellas son indispensables para a vida no planeta. Porque non só producen mel, senón que tamén constitúen unha xigantesca e sacrificada man de obra a nivel mundial, encargada de polinizar o 90% das plantas que sementamos (encárganse de polinizar plantas e cultivos cuxo valor estimado supera os 40 mil millóns de dólares, cada ano).

imagen

Se non facemos algo por salvar ás abellas, podemos terminar perdendo tamén os froitos secos, moitas verduras e vexetais, as noces, e o algodón.

Nos últimos anos, vimos unha rápida e preocupante diminución nas poboacións de abellas a nivel global. Algunhas especies xa desapareceron, e de outras apenas queda o 4% da poboación orixinal.

Un estudo da situación sanitaria apícola no mundo confirmou a aparición do síndrome de desabellamento nas poboacións apícolas de Norteamérica, Europa e Xapón. A larga lista de posibles sospeitosos inclue pestes, virus, fungos e pesticidas, sobre todo neonicotinoides, un tipo de neurotoxinas que mata ós insectos atacando o seu sistema nervioso.

Os expertos están de acordo en que o uso irresponsable dos pesticidas podería ter un impacto sobre a s

imagen

anidade apícola, en particular, cun debilitamento das abellas e un aumento da súa sensibilidade a diferentes enfermidades. Sen embargo, a falta de medidas de bioseguridade por parte dos apicultores e o cambio climático tamén poderían ter efectos negativos sobre a saúde das abellas.

Ademáis, sinalouse que hai varios parásitos artrópodos das abellas activos en diferentes partes do mundo, por exemplo, a infestación polos ácaros Varroa, Nosema y Tropilaelaps identificouse como o problema sanitario máis frecuente que afecta ás abellas no mundo.

Faouzzi Mohammadi. 1º Bacharelato D.