Deus non pode equivocarse

Finalmente Einstein tiña razón: os neutrinos non viaxan a máis velocidade ca luz.

imagen

O físico Dario Auterio e os científicos do experimento Opera do Instituto Nacional de Física Nuclear italiano mediran unha velocidade de voo dos neutrinossuperior á da luz.

En realidade, toda a plana maior da física teórica tremera ante este resultado anunciado en setembro: os neutrinos poden viaxar máis rápido ca luz, un límite inviolable para a teoría da relatividade de Einstein. Mais, ante estos datos, o pensamento máis abundante era que se o experimento contradicía á teoría, o que estaba mal era o experimento, non a teoría.

Pero Einstein e a élite científica tiñan a razón, o experimento do CERN morrera e a teoría de Einstein continuaba viva, como todos esperaban. Ante o fracaso dos experimentos e resultados produceuse unha variada explosión de emocións: os que vibraban meses atras porque Einstein estaba equivocado e os que ahora se alegran ao saber que os que antes vibraban estaban equivocados. Unha mezcla de sensación que non son máis que o reflexo de falsas expectativas e da certeza de que nada debe cambiar, e de que o gran Einstein, nunca estivo equivocado.

Daniel Vázquez. 1º Bacharelato C.