ADN polo prezo dun iPad
Imaxinase que un paciente cun tumor poida ir un día ó hospital e de forma rutineira lle poidan facer unha análise xenética para administrarlle un tratamento específico nas características do tumor?, pois dentro de moi pouco poderase facer e por menos do que vale o iPad mais caro do mercado.
Hai unhas semanas Life Technologies, unha empresa con sede en California, anunciou o lanzamento do Ion Proton, un novo secuenciador de ADN que pode secuenciar todo o ADN (3.000 millóns de bases de dobre hélice) nun só día e por 750 €, detrás desta presentación está Jonathan M. Rothberg, unha eminencia da biotecnoloxía, que a prensa dos E.E.U.U. compara con Steve Jobs no seu campo.
Este proxecto foi todo un éxito porque saíu moi barato, 1 millón de dólares, comparado co Proxecto Xenoma Humano que foi de 13 anos e 2.700 millóns de dólares. Tamén triunfou porque nun principio calculábase que o prezo de secuenciar o ADN ía ser de 75.500€ en 2009 e que ata 2014 non se ía chegar o prezo de 750€.
Neste entorno tamén traballan outras empresas, coma a líder do sector Ilumina. Este tipo de proxectos supoñen sen dúbida grandes adiantos no sector da predición e prevención médica, xa que farán máis rápida e barata.
Martin Romero & Abel Sánchez. 1º de Bacharelato C.