A gran viaxeira norteamericana: a bolboreta monarca

A bolboreta monarca, Danaus plexippus, é a máis coñecida en toda América do Norte. A súa lonxevidade pode acadar os 9 meses, mentres que outras especies só duran uns días. Non obstante, esta mariposa é especialmente coñecida polas súas migracións anuais.

imagen

A bolboreta monarca ten cores vivas para espantar aos posibles depredadores, xa que adoitan asociar as cores chamativas con veleno. 

No outono, a bolboreta monarca realiza unha viaxe de migración dende Canadá a México, para pasar o inverno nos bosques de oyamel (Abies religiosa) e pinos (Pinus ssp), en santuarios protexidos polo goberno mexicano. Na primavera, desprázase cara o norte.

Durante as migracións, as femias depositan os ovos. A forma na que a especie logra volver aos mesmos lugares de hibernación tras varias xeracións aínda se está a investigar; os patróns do voo son herdados, baseados nunha mestura de ritmos circadianos e a posición do sol no ceo que están baseados nas súas antenas.

Porén, nos últimos anos, a principal preocupación é protexer á especie, pois o seu hábitat atópase en serio perigo. En toda a reserva hai máis de 50 mil árbores mortos a causa do descortezador de oyamel (Scolytus mundus). Aquí podemos ler unha interesante noticia sobre este fenómeno, na que se explica que o principal motivo desta praga é o cambio climático.

Ademáis, a deforestación ilegal cometida a finais do século XX e comezos do XXI nas zonas de hibernación da monara, levou a unha drástica redución na poboación da bolboreta. Promoveuse a súa declaración de especie protexida e a restauración do seu hábitat.

Quizais sexa por iso polo que, nestes anos, aparecen por terras gaditanas.


Karen Oberhauser, bióloga da Universidade de Minesota, fai moito fincapé nos efectos negativos, para a supervivencia da especie, de moitas actividades humanas realizadas preto dos seus hábitats: talas desmesuradas, incendios forestais intencionados, ganado… Ademáis, tamén di que cando os frescos bosques mexicanos sexan máis húmidos, aumentarán as precipitacións, o cal eliminará as boas condicións do hábitat da bolboreta monarca. Nesta entrevista en inglés, temos as declaracións da profesora sobre os perigos que corre a especie e a súa devoción por ela.

Por todo iso, debemos tentar protexer o noso planeta o máximo posible  para que especies como esta, en serio perigo de extinción, non desaparezan.

Laura Davila. 1º de Bacharelato A.