Tapires nun lago volcánico catalán do Pleistoceno
Fai 3,1 millóns de anos, no que era un lago no cráter dun volcán, un grupo de tapires morreron asfixiados mentres bebían. O seu esqueleto fosilizado foi encontrado no xacemento de Camp dels Ninots, en Girona. Estes fósiles só se encontraron en Asia e centroamérica.
Un inistituto Catalán descubreu os ósos durante unhas excavacións e ditos ósos constitúen un 70% do rexistro fósil mundial desta especie.
Un destes fósiles foi encontrado enteiro e polo tanto cun programa de ordenador poden reconstruir unha fotografía instantánea do lugar.
Con estes achádegos puideron descubrir que no pasado este lugar, agora seco, foi un lago do cráter dun volcán activo. Co tempo o CO2 concentrouse, por causas descoñecidas, acabou saíndo á superficie e matando ao animais que bebían alí.
Entre os tapires atopados, crése que un deles era unha femia adulta que medía 1.80 m de longo e 1.30 m de alto e pesaba 250 kilos ( unha barbaridad) ! Anteriormente xa se encontraran un adulto e outro exemplar máis xoven.
Paula Pérez e Sandra Trasbach , 1ºA