Alerxia á choiva?
No ano 2010 descubreuse unha nova especie de primate, que reside no norte de Birmania, (Myanmar), o Rhinopithecus strykeri. Calcúlase que existen entre 260 e 330 individuos, polo que a especie se encontra en grave perigo de extinción. A razón de que este espécime non fora coñecido pola ciencia ata a data é que a súa área de expansión é duns 270 km2 ao noroeste de Myanmar, onde se encontran illados por dúas barreiras naturais: o río Mekong e o Salween.A súa pelaxe é de cor negra, a excepción dunhas manchas blancas nas orellas e na barbilla. A cola é relativamente longa, aproximadamente equivalente ao 140 por cento do seu tamaño corporal. O animal ten os beizos prominentes, o nariz chato e as fosas nasais amplias e hacia arriba. Esta extraña forma fai que, ao chover a agua penetre no nariz, facendo que estornude. Para evitalo, estos monos pasan os días de choiva sentados coa cabeza entre as rodillas.
A especie foi chamada Rhinopithecus strykeri en honor a Jon Stryker, o presidente e fundador da Fundación Arcus que colabora no proxecto de investigación. Porén, nos dialectos locais coñécese como “Mey Nwoah”, que significa “mono coa cara hacia arriba”.
Aínda que este animal é un novo descobremento para a ciencia, non o é para os cazadores da zona que afirman que é perfectamente detectable debido aos estornudos que produce ante a choiva.
Vera García, 1º A