A molécula “olímpica”
O profesor Graham Richards foi a quen se lle ocorreu a idea de crear unha molécula coa forma dos cinco aneis das Olimpiadas (por esta razón a chamaron Olympicene) e David Fox e Anish Mistry (Universidad de Warwick) foron quen a crearon, grazas á nanotecnoloxía.
Esta molécula analizouse usando unha técnica complexa chamada microscopía de forza atómica en contacto. Os autores lograron reproducir esta molécula única. Mide 1.2 nanómetros de ancho e é cen mil veces máis delgada que un cabelo humano.
Estes tipos de moléculas poden ofrecer un grande potencial para a próxima xeneración de células solares de alta tecnoloxía, e fontes de iluminación (como os LED).
A súa intención era atraer aos xóvenes e ao público en xeral a esta disciplina científica.
Noelia Vicente, 1º Bach A