O tránsito de Venus que dificilmente volveremos ver

imagen

O 5 de xuño de 2012, Venus pasará por diante do Sol visto dende a Terra, un evento que non se repetirá ata o ano 2117. Este suceso será bastante visible polo que poderán velo as persoas dos 5 cinco continentes e parte da Antártida. Este espectáculo sucede por segunda vez dende 2004, cando Galicia foi un dos lugares que disfrutou do privilexio de poder observar este fermoso espectáculo da natureza.

O tránsito de Venus prodúcese cando este planeta pasa por diante do Sol. Venus e a Terra atópanse aliñados. Durante o proceso, o observador pode contemplar un disco circular negro que tarda varias horas en atravesar a superficie brillante do astro rei, como se se tratara dun  minieclipse solar.

O tránsito de Venus de case 7 horas empeza as 22:09 o 5 de xuño prolongandose ata o mércores día 6. O horario favorece aos observadores na metade do Océano Pacífico, onde o Sol estará en todo o alto durante a travesía. Nos EE.UU. o tránsito acadará o seu mellor momento ao atardecer.

Carme Estevez e Miriam Figueira 1 A