A Willy Fog das bolboretas
A bolboreta monarca é quizáis a máis coñecida de todas as especies de bolboretas de América do Norte. É fácil recoñecela grazas ás súas chamativas cores laranxa e negra e á súa gran envergadura ( de 8’9 a 10’2 cm).
É coñecida tamén polas súas longas e masivas migracións dende Norteamérica a México entre os meses de agosto e outubro, que poden levar a cabo gracias a súa gran lonxevidade, pois chegan a vivir nove meses, mentres que outras so duran uns poucos días. Pero esta vez, uns fortes ventos do oeste desprazaron este mágnifico exemplar ata o noso país encontrando fogar en Cádiz. Grazas as temperaturas e a que alí pode atopar a planta autóctona de Norteamérica coa que xeralmente se alimenta ( a adelfilla, unha planta velenosa que fai incomestible á sua vez á bolboreta por outros animais) e é capaz de vivir con normalidade.
Ben é certo que xa se atopara algún exemplar nas Illas Canarias pero non lograran sobrevivir. Pero no sur da península, parece que se encontra moi a gusto e non ten polo de agora problema ningún para desenvolverse como apuntan as numerosas investigacións levadas a cabo pola Universidade de Cádiz.
Laura Paz e Alicia Rial 1º A