Redutor da biodiversidade
O sexo é necesario para moitas cousas, entre elas, xenerar variabilidade xenética. A selección natural actúa sobre as variacións do xenome e deste modo fórmanse novas especies. Deste modo, o máis intuitivo sería pensar que o sexo acelera a evolución e que os ecosistemas resultantes presentarán unha maior biodiversidade mais, unha recente investigación suxire o contrario : que o sexo podería reducir a diversidade das especies nun ecosistema.
Un dos científicos involucrados nesta investigación afirma : ” hai evidencias tanto de que o sexo incrementa a taxa da evolución das especies como de que a relentiza”
O sexo crea novas combinacións de xenes, elimina mutacións deletéreas e permite adaptarse a cambios no ambiente. Razóns suficientes polas que se aceleraría a aparición de novas especies. Pero todo ten un custo, neste caso o feito de atopar parella e a exposición a enfermidades de transmisión sexual son algúns dos mecanismos polos que a reprodución sexual pode relantizar a evolución das especies.
Segundo os investigadores, os resultados reflexan que si a taxa de aparición de especies é máis lenta, a largo plazo a diversidade será maior.
Daniel Vázquez Fernández 1ºC