Infertilidade Vs Celulas Nai

imagenDende hai máis de 50 anos, crese que as mulleres teñen un número limitado de células xerminais que maduran e producen óvulos ó longo da súa vida fértil ata que chegan á menopausia; pero este descucbrimento cambiaría todo o coñecido.

O estadounidense Jonathan Tilly, do Hospital Xeral de Massachusetts, descubriu que se poden conseguir óvulos humanos a partir de células nai do ovario. Isto xa o leva investigando dende o 2005 cando descubriu, experimentando con ratos, que as  células nai da medula ósea migraban ó ovario e dende aló xeneraban ovocitos. Este descucbrimento abre as portas para que as mulleres, trala menopausia, poidan ter óvulos propios e contar con máis esperanzas para concebir un fillo.

Esta teoría está sendo analizada polos compañeiros de profesión de Jonathan, e de ser certa, cambiaría por completo o mundo das mulleres trala menopausia xa que poderían ter fillos propios (sendo fecundado o óvulo fora do corpo da muller).

A modo de conclusión, penso que este descubrimento podería cambiar a vida das mulleres, xa que, unha vez pasada a idade fértil, poderían ter un fillo, cousa que os homes podemos facer ata idades moi avanzadas. A partir de agora, a vida das mulleres pode dar un xiro de 360º.

Carlos García González 1ºC