Aproveita o tempo, sae a facer deporte

As chamadas enfermidades da abundancia, ou enfermidades occidentais, son aquelas que se relacionan co sistema de vida dos paises desenvolvidos.

remoo.jpg

O tabaquismo, a vida sedentaria e unha dieta pouco correcta, son as principais causas destas enfermidades.

O tabaquismo pode derivar facilmente en enfermidades como o cancro de pulmón, de pancreas, de colo, recto, larinxe, estómago, esófago, riñón, mama, boca ou cancro linfático, tamen enfermidades pulmonares crónicas e cerebrovasculares.

Outro factor a ter en conta é a actividade física. Levar a cabo un exercicio físico regular axudaranos a evitar enfermidades tan graves e comúns no mundo desenvolvido como a obesidade ou enfermidades cardíacas, que nos poden levar a infartos.

A dieta ten moito que ver coa nosa saude. Ultimamente os hábitos alimenticios cambiaron, dada a aparicion de produtos precociñados e envasados. A cantidade de produtos químicos, adictivos e conservantes que se lle botan a estes alimentos danan o noso organismo e crean enfermidades. O colesterol e as graxas trans que teñen aumentan o risco de infartos de miocardio.

En resumo, para levar unha vida san debemos evitar o tabaquismo, comer variado e cambiar os alimentos precociñados por productos naturais e practicar exercicio fisico habitualmente.

Iria Mariña Otero, 1º D