Unha nova vía para unha nova vida: a medicina rexenerativa
No 1960, ninguén tería imaxinado que en cincuenta anos, mediante a combinación de células, se poderían mellorar ou substituír funcións biolóxicas e tecidos. Esta rama da bioenxeñería é coñecida como medicina rexenerativa ou ben enxeñería de tecidos.A medicina rexenerativa emprega principalmente células cultivadas xeneticamente no laboratorio como material de enxeñería. A cirurxía de transplantes a partir de órganos e tecidos extraídos de donantes é parte desta medicina reparadora. Na actualidade, España é a líder mundial en transplantes, batendo o récord no 2011, con 35,3 donantes por millón de habitantes.
Un dos avances máis destacados nesta rama, é o transplante de órganos artificiais. Científicos en Suecia lograron por segunda vez trasplantar con éxito unha tráquea artificial ‘xerminada’ coas propias células nai do enfermo.
O paciente, un mozo estadounidense de 30 anos, tiña un tumor na tráquea en etapas avanzadas que fora clasificado como inoperable. Porén, non foi así e o rapaz recupérase favorablemente.
O máis importante desta nova técnica é que evita a necesidade de esperar unha donación de órgano eo tecido pode ser creado nun laboratorio cando se requira, na forma e talla do paciente.
Para os que gustedes de ver operacións cirúrxicas, aquí podemos ver un vídeo do primeiro transplante de tráquea:
Laura Davila Pena, 1ºA.