Pouco a pouco, destruimos o ecosistema.
Afecta o noso ruído ás plantas ou ós animais? Uns estudios indican que os animais cambian o seu comportamento como resposta ó noso ruido, como por exemplo o de máquinas ou tráfico. Algúns animais incrementan o seu número nas zonas de máis ruido, mentres que outros fan o contrario. A outros animais, como o colibrí, sérvenlle de refuxio as zonas con ruido, e as plantas que polinizan son máis fértiles nestas zonas.
Pero non só afecta á fauna, se non que tamén afecta ás plantas xa que o ruido cambia o comportamento da fauna, o que fai que teña diversos efectos sobre a vexetación. Cando o ruido afecta ás plantas máis lonxevas, as consecuencias nótanse durante décadas, incluso despois de que o ruido desapareza.
O ruido causa tamén un efecto nas árbores, e nos seus frutos, como por exemplo no piñón comestible do pino, do que se alimentan sobre todo pequenos ratóns, que se encontran cómodos nas zonas de ruizo. Nestas zonas, os piñóns caen da árbore, polo que o ratón come todos os que atopa, quedan poucos a salvo despois de pasar o ratón, o que provoca que o número de nacemento de novas especies de pinos sexa baixo.
Nas zonas silenciosas hai menos ratóns, e máis corvos, que enterran os piñóns para consumilos despois. Quedan, polo tanto, moitos máis piñóns libres de depredación e haberá maior número de pinos.
Sara Piñeiro e Desirée Fernández.