Os neutrinos NON poden viaxar á velocidade da luz
O anuncio dos neutrinos superveloces que causara furor aí atrás e que desmontaba a Teoría da Relatividade de Albert Einstein é refutado agora polo Experimento Icarus do laboratorio italiano Gran Sasso. Neste experimento volvéronse realizar os cálculos que foron erróneos no CERN . Por outra parte os experimentos cos neutrinos non están finalizados e polo tanto aínda non hai unha resposta totalmente correcta.
«Os experimentos Boxerinos, Icarus, LVD e Opera seguirán efectuando novas medidas cos neutrinos para darnos un veredicto final», afirma o director de investigación do CERN, Sergio Bertolucci.
Fontes: http://www.abc.es/ >> http://noticiasdelaciencia.com/