Noticia interesante: O tatuaxe vibrador.
Estamos ante un estraño caso de “avance tecnlóxico”. Parece ser, que a ultimísima patente feita pola casa nórdica, Nokia, consiste nunha tinta magnética. Este material ten a particularidade de sincronizarse co teu smartphone, e de avisarche cando che mandan un sms, unha chamada telefónica…Esta tecnoloxía non se limita a iso. Se non que este “dispositivo” tamén serviría para idetificarnos, como se fora un DNI. De feito, Nokia xa lles mostrou a patente aos EE.UU.
Por agora isto so existe no papel, é dicir, non hai indicios de que se implante proximamente. O que si nos indica é que cada vez se busca un conctacto mais estreito entre a vida virtual e real. Podería ser esta evolución do ser humano? Poderíamonos converter daquí a… 100 anos nunha nova especie con “plugins” tecnolóxicos? O tempo dirá.
Adrián Casais Vidal 1ºA