“Cuerpo médico” novo programa da sexta.

Cuerpo médico é unha nova serie documental que se estreou o domingo 4 de marzo na canle de televisión La Sexta . Nesta serie profesionais de varias especialidades do mundo da medicina mostran o día a día do seu traballo, aparecendo operacións totalmente reais, e como este afecta a sua vida persoal.

 

 

imagen

Nos dous capítulos xa emitidos puidemos ver a un cirurxán en Guinea Bissau realizando unha cesárea a dous xemelos e tratando a unha nena con graves queimaduras, a dous MIR realizando un implante de vexiga , a un equipo do 061 atendendo un parto no portal dunha casa e a un home que tivo que trasladar de urxencia ó seu veciño ó hospital cunha grave dolencia que non podía ser tratada no ambulatorio do seu pobo.

 Vídeo da cesárea en Guinea Bissau .

Carme Estévez, Miriam Figueira, Sandra Trasbach e Paula Pérez.