ASPIRINA:novo medicamento contra o cancro?
A Aspirina, o medicamento ao que se lle atribúe a inauguración da
farmacoloxía moderna foi obxecto de estudo de varios científicos que afirman que cada vez son máis as evidencias de ser un bo protector contra o cancro. Aínda que os estudos son limitados, significan un paso máis na aplicación deste farmaco utilizado comunmente para o alivio da dor e da febre e do que xa se coñecían propiedades anticoagulantes.
Puídose demostrar que a Aspirina reduce a posible aparición de varios tipos de cancro ainda que tivo especial efectividade ante o cancro colorrectal. Tamén se sabe que reduce a dispersión de cancros primarios cara a outros órganos, a metástase.
Estudos en animais demostraron que as plaquetas participaban no proceso de metástase e que a Aspirina podería previlo. Ademais existen outros fármacos que tamen teñen estas propiedades, polo que a combinación de varios medicamentos podería incrementar o efecto beneficioso da Aspirina.
Os expertos din que a inxesta regular de este medicamente durante un periodo de entre 8 e 10 anos reducen asta un 35% a mortalidade por cancer colorrectal asi como un 24% na incidencia neste tipo de tumores.
Aínda non se sabe a que perfil de pacientes podería beneficiar este tratamento xa que a inxesta deste medicamento a diario conleva algun que outro efecto secundario como poden ser pequenas hemorraxias internas de leve efecto.
E quen sabe pero poida que esteamos ante un gran avance detro da loita contra o cancro que tivemos diante das nosas narices durante mais 150 anos.
Manuel Calvo, 1º A