A irmá maior das plantas e algas

algas.jpg

Un traballo internacional mostra como e cando un microorganismo foi capaz de xenerar osíxeno absorbendo a luz do Sol e facer a fotosíntese. O organismo responsable, hai 1.600 millones de anos, poderia ter suposto a orixe das algas e das plantas.

Hai 2.400 millons de anos surxiron as primeiras cianobacterias capaces de desprender osixeno na fotosíntese. A partirdese momento todos os organismos tiveron que aprender a convivir co que naquel momento era un gas velenoso o O2.

O estudo revela que se produciu un cambio nun microorganismo do reino Protista –que xunto a fungos, animais e plantas compoñen o dominio eucariótico–. Este protista capturou unha cianobacteria procariota. Deste proceso, coñecido como endosimbiose primaria, surxiu o cloroplasto, un orgánulo celular onde se realiza a fotosíntese e que hoxe se encontra nas plantas e algas.

Para obter estas conclusións, o equipo de expertos liderado dende a Universidade de Rutger (EE UU), analizou o ADN dentro dos plastidios dunha alga primitiva conocida como Cyanophora paradoxa, e compararono cos outros xenomas de plastidios pertencentes a outras plantas terrestres e a distintas algas vermellas e verdes.

Ramiro Carreño, Alfonso Rey, Abraham Rial, 1º C.