Bye Bye Cancer ?
A radioterapia é unha das terapias máis comúns no tratamento do cancro. Consiste na utilización de radiacións ionizantes (raios X ou radioactividade) para combatir o crecemento das células canceríxenas. Sen embargo, nalgúns casos chegan a afectar bruscamente á calidade de vida do paciente.
Hoxe en día, predecir as consecuencias da radioterapia é moi complexo, os expertos báseanse en estudos, antecedentes, estadísticas… A penas se poden pronosticar as consecuencias deste tratamento.
Porén, esta realidade pode estar moi preto de cambiar, xa que, un grupo de científicos españois desenrolaron un simulador que permite coñecer as consecuencias da aplicación dun tratamento de radioterapia intraoperatoria, que é un tratamento guiado quirúrxicamente que permite aumentar o nivel de precisión na irradiación de tumores xa que permite protexer texidos sanos próximos á zona irradiada.
O simulador foi utilizado sobre 70 pacientes con resultados positivos, e permite planificar as decisións dunha intervención quirúrxica en persoas afectadas polo cancro, e tamén os efectos que tería un tratamento basado en radioterapia. O sistema de navegación virtual reproduce en tres dimensións o comportamento dos órganos fronte a este tipo de radiacións, proporcionando unha importante información ao oncólogo e ao cirurxián.
En conclusion, as vantaxes que supón o poder planificar toda a estratexia antes de operar ao paciente, son sin duda un gran avance no tratamento contra o cancro, pois aínda que non o prevén, representa unha mellora na efectividade do procedemento, con mellores resultados e menos sufremento para o afectado. E con sorte, dentro dalgúns anos, si contiuan a flote todas estas novas invecións e descubrimentos, incluso poderemos predecir o ataque do cancro en calquera organismoantes de que este se manifeste. Puras vantaxes, non sí?
Feito por Vera García Outeiral 1ºA