A NASA recrea a supernova máis antiga vista polo home

Mediante a combinación de datos de catro telescopios especiais, a Nasa puido recrear a primeira explosión estelar vista polo home no 185d.C.

 

 

imagen

As cores azul e verde na imaxe, mostran que o gas interestelar quentouse a millóns de graos pola onda expansiva da supernova. Sen embargo, as que se ven en amarelo e vermello, mostran o pó que irradia a unha temperatura a varios centos de graos baixo cero.

Logo do estudo dos raios X e datos infravermellos, os astrónomos determinaron que a causa daquela estraña explosión foi unha supernova do tipo Ia, que se produce despois da violenta explosión dunha enana branca, isto é, unha estrela que completa o seu ciclo da vida e morre.

Esta supernova, á que lle deron o nome de supernova RCW 86, atópase a uns 8.000 anos luz de distancia e ten uns 85 anos luz de diámetro (é lixeiramente máis grande que a lúa).


 

Laura Davila Pena, 1ºA.