Ductus Arterioso Persistente.

Soavos raro, verdade? Pois vou tentar explicárvolo da mellor maneira posible.

É un conducto que comunica a arteria que reparte sangue a todo o corpo (arteria aorta) ca que leva o sangue aos pulmóns (arteria pulmonar), que existe durante a vida fetal e que debería cerrarse as poucas horas de nacer. Co debuxo que vemos a continuación vémolo máis claro e preciso.

 

Ductus Arterioso

 Antes de nacer, este conducto permite que a sangue do bebé pase de largo, é dicir que non circule polos pulmóns xa que a nai lle da todo o osíxeno que o feto necesita a través da placenta. Este conduto arterioso debería cerrarse pouco despois de nacemento do neno, se non é asi e non se cerra estásenos presentando unha circulación anormal de sangue entre o corazón e os pulmóns e dise que ten un Ductus Arterioso Persistente que é máis frecuente en nenas que en nenos. Isto pódese dar en bebés prematuros ou aqueles que presentan a síndrome de dificultade respiratoria neonatal. Os que teñen maior risco de padecer esta enfermidade son os bebés que teñen trastornos xenéticos, como a síndrome de Down, e tamén as nais que tiveron rubéola durante o embarazo.

Os síntomas

·Respiracións moi aceleradas.

·Dificultade para respirar.

·Cansancio con moita facilidade.

·Retraso no crecemento.

·Infeccións respiratorias con moita frecuencia.

·Pulso moi acelerado.

·Palpitacións moi fortes que se poden ver ou sentir na pel.

·Soplo cardíaco cando os doutores auscultan

Cómo é o tratamento para o Ductus Arterioso Persistente?

Nos bebés prematuros, o Ductus Artetioso Persistente  ás veces poden tratarse con medicamentos que fan que o conducto se cerre. Polo contrario aos recen nacidos e aos nenos que teñen máis idade, faise unha intervención cirúrxica para ligar o conducto.

Para taponar o conducto arterial sin ciruxía, os médicos poden usar un procedemento de cateterización. Neste tipo de procedemento, introdúcese no corpo un tubo largo e delgado chamado “catéter”, xeralmente na ingle. Dende alí avanzase por unha arteria ata chegar ao defecto. Úsase un pequeno dispositivo colocado no extremo do catéter para taponar o conducto. Finalmente retirase o catéter.

En nenos grandes, pódense utilizar pequenas espirais no lugar da ciruxía para pechar un DAP. As espirais colócanse no DAP durante a cateterización cardiaca, un proceso no cal se inserta un pequeno tubo oco no corazón a través dunha vena grande. As espirais pasan a través do tubo, colócanse directamente no conducto arterioso e entonces expándense para bloquear o fluxo da sangue.

En outros casos tamen se pode realizar unha operación que mediante un clip de titaneo e dous ligazóns con seda polos dous lados dos extremos do clip se peche esa arteria.

 Precaucións despois da operación

 Despois da operación tes que ter un controlamento no médico para ver como evoluciona esa operación que foi realizada. Depende de como evolucione a operación frecuentarase máis o médico ou menos.  Logo cando teñas un accidente ou vaiaso dentista ou axa algunha intervención na persoa que interfira o sangue sempre hai que facer unha endocardite infecciosa.

 

Tags: